Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de outubro de 2021

O Centro Ágora acollerá este venres o AgoraSón outono 2021 coa actuación da banda Ruxe Ruxe

A banda de punk rock en galego repasará os seus 25 anos de historia nesta actuación promovida polo equipo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña

O venres 22 de outubro o auditorio do Centro Ágora acollerá a actuación da banda Ruxe Ruxe. Esta formación veterana do punk rock en galego será a protagonista da nova edición do AgoraSón outono, actividade tradicional do centro sociocultural Ágora e organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña.

Ruxe Ruxe, banda formada en Aríns por Vituco Neira, Xaco Barona, Xan Rico e Xan Carlos Pérez e cuxa formación actual está composta por Neira, Barona, Rico, Xulia Neira, David Barbas e Iago Jorge, celebran este 2021 o seu 25 aniversario. Levan desde o ano 1996 ofrecendo un son moi persoal e característico que mestura o punk rock co folk, xa desde o seu primeiro disco homónimo aparecido en 1999.

Trátase dunha banda de referencia dentro da escena musical galega, e son tamén unha das máis queridas tanto por público como por compañeiros/as da profesión, xa que contaron con colaboradores tan coñecidos como Julián Hernández, Xosé Bocixa, Maestro Reverendo, Dios ke te krew ou Antón Díaz, membro dos míticos Papaqueixos.

O concerto, que comezará ás 21.00 horas do venres, ofrecerá unha explosiva revisión do cuarto de século de existencia dos Ruxe Ruxe, con cancións tan senlleiras como Non temos medo, Rock and Roll ou Estrelas e sereas, froito esta última do seu máis recente traballo, O estraño falar dun monstro de aldea, publicado no pasado 2020.

As entradas, que son de balde, estarán dispoñibles en reservas.gal ata completar a capacidade do recinto. Ademais, o concerto poderá seguirse en directo a través da seguinte ligazón.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión