Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de decembro de 2022

Funcionará de 8.00 a 23.00 horas de luns a venres, de 9.00 a 22.00 horas os sábados e de 10.00 a 14.00 horas os domingos e festivos.

O centro deportivo do Castrillón está plenamente operativo desde hoxe

Coa apertura da piscina e da sala de fitness, o Goberno de Inés Rey cumpre coa promesa de abrir neste ano esta infraestrutura tan demandada

A totalidade das instalacións do centro deportivo do Castrillón xa están operativas tras a apertura no día de hoxe da piscina e a sala de fitness. O complexo conta tamén cunha pista multideporte e unha sala onde se levan a cabo desde o pasado 15 de decembro diferentes actividades, que se manterán gratuítas ata finais de ano. O novo horario será de 8.00 a 23.00 horas de luns a venres, de 9.00 a 22.00 horas os sábados e de 10.00 a 14.00 horas os domingos e festivos.

Inés Rey destacou a apertura das instalacións tan demandadas pola cidadanía "cumprimos coa nosa palabra de abrir o centro deportivo do Castrillón este ano e facémolo coa seguridade de que vai a ser un éxito". Así o demostran as 2.000 persoas que se apuntaron na fase de preinscrición e as preto de 400 que xa formalizaron a súa matrícula a día de hoxe. A empresa municipal EMVSA encargarase da xestión de maneira provisional ata que se licite de maneira conxunta coa das instalacións deportivas de San Diego.

Durante este mandato, o Concello investiu case 2 millóns de euros para completar os traballos previos e que este espazo de 3.445 metros cadrados puidese comezar a usarse. Na primeira planta atópanse os controis de acceso e unha zona de agarda. Hai catro vestiarios, dous por xénero e outros dous para equipos que compitan puntualmente nas instalacións. Nesta parte sitúase, ademais, a pista polideportiva, cunha bancada para 100 espectadoras e espectadores. Trátase dunha estrutura divisible en dúas partes mediante cortinas para poder levar a cabo varias actividades de xeito simultáneo.

Atópase tamén, neste primeiro andar, a piscina de catro estaxes e a zona termal, con saunas, diferentes tipos de duchas, hidromasaxe e espazo para dous postos de masaxe. Completa esta primeira planta unha sala de actividades dirixidas, divisible en dúas partes mediante paneis móbiles.

No segundo andar é onde está localizada a sala de fitness, que conta cunha zona cardiovascular e de musculación. Tamén hai outra sala de actividades dirixidas, divisible en tres partes. O horario das clases dirixidas ata final de ano será de 10.30 a 11.30, de 18.00 a 19.00 e de 19.15 a 20.15 horas de luns a venres e de 10.30 a 12.00 horas os sábados. As actividades que se imparten son acondicionamento físico, body combat, GAP ou zumba. Todas son gratuítas ata completar a capacidade.

Hai diferentes modalidades de tarifas. A individual será de 32,39 euros ao mes; unha que só permite o acceso polas mañás a 21,77 euros ao mes. Por outra banda, o bono familiar costa 32,89 euros ao mes, o bono para mozos de 16 a 30 anos costa 24,90 euros ao mes e o da terceira idade 21,25 euros ao mes.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión