Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de febreiro de 2022

O ciclo de artes escénicas ‘Todo público’ abre este sábado a programación de primavera no Fórum Metropolitano

A compañía Teatro Paraíso ofrecerá mañá o espectáculo de monicreques ‘Úniko’. A función comezará no auditorio do Fórum ás 18.00 horas

O auditorio do Fórum Metropolitano acolle, este sábado 12, o primeiro dos espectáculos de artes escénicas que abrangue a programación de primavera do ciclo 'Todo público', ideado para o público familiar e que, ata inicios do mes de xuño, ofrecerá sete funcións de contidos e técnicas variadas para nenas e nenos en idades de 3 a 12 anos.

O espectáculo desta fin de semana, 'Úniko', posibilitará que as e os máis pequenos poidan gozar coa compañía Teatro Paraíso e os seus monicreques de manipulación directa. 'Úniko', que comezará ás 18.00 horas e ten unha duración aproximada dunha hora, aborda a historia de Paul, fillo único. O nacemento da súa irmá Irati provocará que un medo íntimo a deixar de ser querido se apodere del e ameace a estabilidade familiar.

'Úniko' é un espectáculo para todos os públicos a partir de 6 anos que busca ser un reflexo do que os celos polo nacemento dun irmán ou dunha irmá poden provocar nun neno ou nunha nena, así como na súa contorna, aínda que sen perder nunca o sentido do humor inherente a historia e coa idea de lle facer reflexionar ao público asistente sobre temas como a convivencia, a educación ou o apego familiar.

As entradas para asistir ao espectáculo, xa á venda, terán un custo de 6 euros para o público xeral e de 2 euros para as/os menores de 3 anos. Ademais, tamén hai a posibilidade de adquirir un abono familiar (con tres entradas para unha mesma función) por 15 euros. Os pases están dispoñibles na web de Ataquilla.com, e tamén están á venda no despacho de billetes da praza de Ourense (de luns a venres, de 11.00 a 15.00, e de 16.30 a 19.30 horas, agás festivos), así como no despacho de billetes do Fórum Metropolitano desde unha hora antes do comezo do espectáculo, sempre que haxa entradas dispoñibles.

Un total de sete espectáculos na programación de primavera

Tras 'Úniko', o auditorio do Fórum Metropolitano acollerá outros seis espectáculos dentro do ciclo 'Todo público' ata comezos de xuño. Haberá espazo para o teatro físico e xestual, a danza, os monólogos teatralizados e os contacontos con obxectos e cancións. As funcións e datas previstas son as seguintes:

  • 5 de marzo: Feirantes (Teatro do Noroeste).

  • 2 de abril: Ningures (Teatro ó Cubo).

  • 7 de maio: Quixote (Pedras de cartón).

  • 21 de maio: Con la cabeza en las nubes (Eugenia Manzanera).

  • 28 de maio: Cris, la pequeña valiente (El Espejo Negro).

  • 4 de xuño: Tic Tac, el héroe del tiempo (Omar Álvarez Títeres).

'Todo Público', un ciclo con máis de trinta anos de vida

O Concello da Coruña foi pioneiro na programación de teatro para nenos e nenas cos seus ciclos 'Todo Público' e 'Todo Público Escolar', un dos primeros programas de teatro familiar e escolar a nivel nacional que plantexou centos de espectáculos e funcións. Así, desde hai 34 años, de forma ininterrumpida, incluso nos tempos de pandemia.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión