Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

25 de enero de 2023

Catorce obras conforman o ciclo, que se desenvolverá ata o mes de xuño e contará con figuras como Eduard Fernández e Miguel Ángel Solá

O Ciclo Principal de Primavera do Teatro Rosalía de Castro comeza este venres coa representación de ‘La voluntad de creer’, de Pablo Messiez

A obra de Messiez, con funcións os días 27 e 28 de xaneiro, foi unha das máis exitosas do 2022

O Ciclo Principal de Primavera do Teatro Rosalía de Castro abrirase este venres coa representación da obra 'La voluntad de creer', dirixida por Pablo Messiez. Trátase dunha das pezas máis exitosas do pasado ano e terá dúas funcións no teatro coruñes, venres e sábado, ás 20.30 horas.

'La voluntad de creer' está escrita a partir de 'La palabra', de Kaj Munk, e conta como o menor dunha familia de irmáns vascos sostén que é Xesús de Nazaret. Nas propias palabras de Pablo Messiez, destaca "o desexo de xogar coa percepción das persoas espectadoras do modo que a propia función sexa unha posta a proba da súa fe".

Un total de catorce obras conforman o Ciclo Principal de Primavera, cunha programación moi variada e de moi alta calidade onde destaca a presenza de actores como Eduard Fernández, Miguel Ángel Solá, Carlos Blanco ou Natalia Verbeke, ademais de directores como Pablo Messiez, Lluis Homar e Claudio Tolcachir.

Entre as citas destacadas figura a representación de 'La infamia', o 3 e 4 de febreiro; un excelente testemuño do caso de acoso e persecución da xornalista mexicana Lydia Cacho, ademais da estrea absoluta o 3 de marzo dunha obra de Henrik Ibsen, 'Unha inimiga do pobo', da man da compañía galega Talía Teatro.

Tamén é importante destacar que despois de moito tempo A Coruña poderá contar coa presenza do prestixio actor Miguel Ángel Solá, o 24 e 25 de febreiro con 'Doble o nada'; e de Eduard Fernández, que o 17 e 18 de marzo interpretará en solitario 'Todas as cancións de amor'.

O Ciclo Principal permitirá contar ademais cunha gran relación de directores, entre os que se poden citar a Claudio Tolcachir, que na obra 'Tercero cuerpo' terá a un elenco de actores nos que figura Natalia Verbeke e Carlos Blanco; Lluis Homar, que o 9 e 10 de xuño pechará o ciclo coa obra 'La discreta enamorada' de Lope de Vega; Andrés Lima, Quico Cadaval, Tito Asorey e Pablo Messiez, entre outros.

Haberá ademais unha programación especial co motivo da celebración do 8-M, Día da Muller Traballadora, coa representación de 'Christiane. Un bio-musical científico', con texto e dirección da arxentina Belén Pasqualini.

A programación teatral forma parte da aposta do Goberno de Inés Rey por reforzar a condición da Coruña como referente cultural de ámbito nacional, cunha oferta especialmente atractiva e variada, vencellada á súa longa tradición as artes escénicas, tal como demostra que o Teatro Rosalía de Castro estea integrado nos circuítos do máis alto nivel do panorama teatral nacional.

Das catorce obras, dez serán de funcións dobres e catro serán simples, cunha gran variedade que permitirá contar con propostas clásicas e contemporáneas, a existencia de comedia e drama, así como claros posicionamentos contra o acoso ás mulleres.

A calidade e variedade da programación teatral promovida polo Concello conta co respaldo do público coruñés, xa que son máis de 500 as personas abonadas ao Ciclo Principal, xa que nesta edición son 506 os espectadores que contan cos seus abonos. 

A programación do Ciclo Principal do Teatro Rosalía de Castro conta coa colaboración da Rede Galega de Teatros e Auditorios da Axencia Galega das Industrias Culturais, que promove xunto co Concello as obras 'Doble o nada', 'O porco de pé', 'Alma de tigre' e 'Unha inimiga do pobo'.

CALENDARIO DO CICLO PRINCIPAL DE PRIMAVERA

  • 27 e 28 de xaneiro: 'La voluntad de creer', de Pablo Messiez.
  • 3 e 4 de febreiro: 'La infamia', de Lydia Cacho.
  • 11 de febreiro: 'La batalla de los ausentes', coa dirección de Paco de la Zaranda.
  • 24 e 25 de febreiro: 'Doble o nada', con Miguel Ángel Solá e Paula Cancio.
  • 3 de marzo: 'Unha inimiga do pobo', de Henrik Ibsen e dirixida por Tito Asorey.
  • 8 de marzo: 'Christiane. Un bio-musical científico', de Belén Pasqualini.
  • 10 e 11 de marzo: 'Tercer cuerpo (La historia de un intento absurdo)', de Claudio Tolcachir, con Natalia Verbeke e Carlos Blanco.
  • 17 e 18 de marzo: 'Todas las canciones de amor', con Eduard Fernández.
  • 24 e 25 de marzo: 'Alma de tigre', de Gonçalo Guerreiro.
  • 14 e 15 de abril: 'Mi hijo solo camina un poco más lento', de Tanttaka Teatroa.
  • 21 de abril: 'Altsasu', de La Dramática Errante.
  • 19 e 20 de maio: 'O porco de pé', dirixida por Quico Cadaval.
  • 26 e 27 de maio: 'Eclipse total', de Pont Flotant.
  • 9 e 10 de xuño: 'La discreta enamorada', dirixida por Lluis Homar.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión