Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de maio de 2022

O ciclo Todo Público achega o humor de ‘Quixote’ ao Fórum Metropolitano

A compañía Pedras de Cartón presenta un espectáculo dirixido a familias sobre as peripecias do célebre fidalgo e do seu fiel escudeiro. Terá lugar este sábado 7, ás 18.00 horas

O auditorio do Fórum Metropolitano continúa coa programación do ciclo Todo Público coa obra 'Quixote', da compañía Pedras de Cartón. O ciclo de artes escénicas, con 34 anos de traxectoria, oferta esta primavera diversos espectáculos e obras teatrais dirixidos ás nenas e nenos en idade de 3 a 12 anos.

A obra 'Quixote', galardoada co Premio Certame Barroco Infantil no Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro 2021, achega a versión máis cómica da célebre obra de Cervantes, afrontando as escenas máis icónicas da novela e a especial relación entre Don Quixote e o seu escudeiro, Sancho. O espectáculo inspírase na estética das películas de pallasos de Fellini.

'Quixote' é unha peza teatral dirixida a nenas e nenos de entre 5 e 12 anos. Case sen necesidade de palabras, achegará ás familias asistentes este gran clásico da literatura española, a través do humor. No contexto do espectáculo, Don Quixote emprende a súa viaxe por Castela co seu velocípedo, acompañado por Sancho nun triciclo cheo de maletas.  

O espectáculo terá lugar este sábado 7 de maio, ás 18.00 horas no auditorio do Fórum Metropolitano. A representación, de 50 minutos de duración, está adaptada por Juan Rodríguez e dirixida por Laura Sarasola. Conta, ademais, coa banda sonora orixinal de Davide González.

As entradas para asistir á obra xa están á venda, cun prezo de 6 euros para o público xeral. Ademais, tamén é posible adquirir un abono familiar (con tres entradas para unha mesma función) por 15 euros. Os pases están dispoñibles na web de ataquilla.com, e tamén están á venda no despacho de billetes da praza de Ourense (de luns a venres, de 11.00 a 15.00, e de 16.30 a 19.30 horas, agás festivos), así como no despacho de billetes do Fórum Metropolitano desde unha hora antes do comezo do espectáculo, ata completar as prazas dispoñibles.

O ciclo Todo Público remata a comezos de xuño

O ciclo de artes escénicas Todo Público continuará con tres espectáculos máis ata o 4 de xuño, cunha programación que abrangue contacontos, monicreques e pezas teatrais. As vindeiras funcións previstas son as seguintes:

  • 21 de maio: 'Con la cabeza en las nubes' (Eugenia Manzanera).

  • 28 de maio: 'Cris, la pequeña valiente' (El Espejo Negro).

  • 4 de xuño: 'Tic Tac, el héroe del tiempo' (Omar Álvarez Títeres).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión