Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de agosto de 2022

Catorce espectáculos compoñen o certame co que a asociación cultural Manicómicos celebra o seu 18 aniversario

O circo e o teatro cómico volven as rúas da Coruña a partir do luns co XXI Festival Manicómicos

Haberá actuacións no Obelisco, Campo da Leña, As Conchiñas, Paseo das Pontes, praza da Tolerancia, Santa Margarida, praza de Vigo e praza Torrente Ballester

O mellor teatro cómico e circo volve as rúas da Coruña da man do Festival Manicómicos, que este ano celebra a súa 21 edición, ofrecendo un total de catorce espectáculos por oito escenarios diferentes da cidade.

O Festival Manicómicos converteuse nunha das citas tradicionais das festas de María Pita, tras un longo percorrido de posta en valor das artes escénicas. Este ano serán catorce os espectáculos que forman o certame e que se representarán no Obelisco, Campo da Leña, praza das Conchiñas, Paseo das Pontes, praza da Tolerancia, parque de Santa Margarida, praza Torrente Ballester e praza de Vigo. 

Durante a celebración, do 15 ao 18, Manicómicos anuncia sorpresas, teatro cómico, circo, calidade e gran espectacularidade. Para iso contará coa participación de compañías e artistas de Galicia, Euskadi, Cataluña, Baleares e Castela-León.

O festival, promovido pola Asociación Cultural Manicómicos, que celebra este ano o seu 18 aniversario; ábrese o luns 15 coas actuacións da compañía Nikita, cun espectáculo de clown e circo; Zanguando Teatro, Kolektivo Kónika, con acrobacias; e a compañía IO, con circo e danza.

O martes 16 actuará a clown Natalia Oureiro "Pajarito", Zirko Txosco, a actriz e clown Maite Guevara e a compañía Du'K'To, cun espectáculo de circo multidisciplinar. O día seguinte, mércores 17, será MeRe Clown, a compañía Trasla2, con teatro e acrobacia; o clown Javier Ariza e Circ Pistolet, con circo e música en directo; para rematar o día 18 coa gala final do festival, con variedades cómicas e circenses e presenza dos artistas participantes e outros invitados para a ocasión.

PROGRAMACIÓN DO FESTIVAL MANICÓMICOS

Luns, 15

  • 12.30 horas. Obelisco. Nikita Cía: "A viaxe de Nikita"
  • 18.30 horas. Obelisco. Zanguando Teatro: "Al otro lado"
  • 20.00 horas. Obelisco. Kolektivo Kónija: "La punta de mi nariz"
  • 22.00 horas. Praza de Vigo. Cía IO: "Cantas patas para un banco?"

Martes, 16

  • 12.30 horas. Campo da Leña. Pajarito: "Isolada"
  • 18.30 horas. Campo da Leña. Zirko Txosco: "Oh-pera"
  • 20.00 horas. Campo da Leña. Maite Guevara: "¡Qué buen día!" 
  • 22.00 horas. Praza de Vigo. Cía. Du'k'to: "Lume"

Mércores, 17

  • 12.30 horas. Praza das Conchiñas. MeRe Clow: "Circo na casa"
  • 18.30 horas. Praza da Tolerancia. Javier Ariza: "Carman"
  • 20.00 horas. Praza Torrente Ballester. Cía. Trasla2: "Trasla2"
  • 22.00 horas. Praza da Tolerancia. Circ Pistolet: "Quizás no hay final"

Xoves, 18

  • 12.30 horas. Paseo das Pontes. Cía. Trasla2: "Trasla2"
  • 19.00 horas: Anfiteatro parque Santa Margarida: Gala final XXI Festival Manicómicos

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión