Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de xuño de 2022

O concelleiro de Emprego, Jesús Celemín, participou na Feira do Vehículo de Agrela

O edil destacou a importancia destes eventos para fomentar a compra de coches máis eficientes e menos contaminantes

O concelleiro de Emprego, Jesús Celemín, foi unha das autoridades que estivo presente na presentación da segunda Feira do Automóbil de Agrela. O edil foi en representación do Concello da Coruña a este evento que tivo lugar os días 9, 10 e 11 de xuño.

Celemín destacou a gran cantidade de posibilidades que ofrece este tipo de eventos. Tamén animou á cidadanía a asistir e comprobar a gran variedade de oferta existente. O concelleiro afirmou que estas feiras permiten renovar o parque móbil da cidade e aumentar o número de vehículos híbridos e eléctricos, máis eficientes e menos contaminantes.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión