Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

25 de xuño de 2020

O concello abre ao tráfico o carril do Paseo Marítimo que peonalizou desde as Escravas ata os Surfistas durante o estado de alarma

A Concellería de Mobilidade asegura que a circulación de coches aumentou nos últimos días neste tramo, e quere con esta medida garantir a seguridade da veciñanza. Mantense o resto do carril para uso peonil desde as Escravas ata O Portiño, e desde os Surfistas ata o dique.

O concello abriu hoxe á circulación de vehículos o tramo do carril do paseo marítimo que discorre entre as Escravas e a fonte dos Surfistas debido á alta densidade de tráfico que existe nesta zona do paseo e que estaba a provocar problemas de circulación na cidade. A Concellería de Mobilidade pretende con esta medida garantir a seguridade das persoas. O resto do carril habilitado durante a pandemia para uso peonil mantense. Así, o tramo entre os Surfistas e o dique de Abrigo seguirá sendo para as persoas viandantes. A restrición para os coches tamén se mantén entre as Escravas e a zona do Millennium-Portiño.

O persoal responsable da Concellería de Mobilidade está a estudar distintas actuacións para consolidar este carril para uso das peoas e dos peóns. Algúns tramos poderían ser utilizados para bicicletas e vehículos de mobilidade persoal, mentres que outros serán reformados para continuar a senda destinada ás corredoras e aos corredores.

A intención do concello é a de consolidar a maior parte dos carrís que se fixeron peonís de forma temporal durante o confinamento pola COVID-19.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión