Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

19 de agosto de 2021

O Concello abre as inscricións para participar na Gladiator Kids A Coruña

Trátase dun evento de carácter lúdico e no competitivo que se celebrará o 11 de setembro no parque de Bens e no que poderán participar menores de entre 3 e 11 anos

O Concello abre o prazo de inscrición para Gladiator Kids A Coruña, un evento de carácter lúdico e non competitivo en que poderán participar menores que a día da celebración da proba, sábado 11 de setembro, cumpriran a idade de participación: entre 3 e 11 anos. A proba, que conta con 200 prazas, desenvolverase no parque de Bens a partir das 17.00 horas.

A Gladiator Kids A Coruña está deseñada para que as persoas máis pequenas da casa gocen dun día en familia realizando actividade física. En todo momento, as persoas participantes irán acompañadas polo correspondente pai ou a nai ou titor ou titora.

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, destaca "o compromiso do Goberno de Inés Rey por potenciar e promover o deporte participativo na nosa cidade así como por mellorar a calidade de vida da veciñanza, e neste caso a dos máis pequenos da casa".

Haberá dous percorridos diferentes para dúas franxas de idade: entre tres e seis anos, o trazado será de medio quilómetro e entre sete e once anos, duns 800 metros aproximadamente. A proba consiste en completar un circuíto cheo de obstáculos como valados de paso, pirámides, barras de equilibrio, zonas para reptar, pneumáticos... Todas as persoas participantes recibirán un obsequio ao final da proba.

A inscrición para esta actividade é de balde e poderá facerse telematicamente a través da seguinte ligazón á páxina municipal de Deportes: https://bit.ly/3D2SAnx. Todas as nenas e nenos deberán seguir o protocolo COVID, que será publicado unha semana antes da proba.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión