Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de setembro de 2021

O Concello abre até o 26 de outubro o prazo para solicitar os Locais de Ensaio

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, sinala que o Goberno que dirixe Inés Rey ten un compromiso firme coas alternativas de ocio saudables para a mocidade. As persoas interesadas poden descargar os impresos na páxina web: www.locaisdensaio.blogspot.com

O Concello abre hoxe o prazo para poder optar a unha das 48 quendas semanais de ensaio para o vindeiro semestre nos Locais de Ensaio municipais.

As persoas interesadas poden descargar os impresos na páxina web: www.locaisdensaio.blogspot.com até o 26 de outubro, data en que rematará o prazo ordinario de inscrición. Os novos horarios resultantes deste proceso comezarán a se aplicar a partir do 18 de outubro.

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, sinala que o Goberno que dirixe Inés Rey ten un compromiso firme coas alternativas de ocio saudables para a mocidade: "Búscase achegar e proporcionar alternativas e espazos de ocio e tempo libre que respondan aos intereses e ás inquedanzas da xuventude".

"Agardando unha volta á normalidade que permita a reactivación do circuíto de salas de concertos, non deixa de ser un bo momento para a creación, definición e melloras de proxectos musicais de xente moza da cidade, co fin de estar listos para presentarse ao público cando a situación actual o permita", apunta a concelleira.

Situados no Coliséum e contiguos á sala Túnel, estes espazos son un servizo público a disposición da xuventude para que teña localizacións axeitadas onde expresar a súa creatividade, inquedanzas e manifestacións musicais.

O obxectivo desta iniciativa é darlles resposta ás inquedanzas musicais da mocidade e proporcionar os medios necesarios para que a xente nova, ben individualmente ou ben formando grupos, poida contar con espazos perfectamente acondicionados para os seus ensaios.

As salas están destinadas a músicos noveis, tanto en grupo como individualmente, que cumpran cos seguintes requisitos: a metade do grupo debe ser menor de 30 anos e o 50% da agrupación debe acreditar vivir ou cursar estudos actualmente na Coruña.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión