Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de marzo de 2021

O Concello abre até o 5 de abril o prazo para solicitar os locais de ensaio

Xuventude oferta un total de 48 prazas para o próximo semestre a través de locaisdensario.blogspot.com coas únicas condicións de que a metade das/dos integrantes do grupo sexan menores de 30 anos e acrediten vivir ou estudar na Coruña Os grupos disporán durante dúas horas á semana das instalacións do Coliséum, en que se establecerá un protocolo de seguridade adaptado ao momento actual

O Concello abre hoxe o prazo de inscrición para utilizar os locais de ensaio situados no Coliséum. As persoas interesadas poderán optar a un total de 48 prazas para o próximo semestre, coa condición de que a metade das persoas integrantes do grupo sexan menores de 30 anos e que o 50% da agrupación acredite vivir ou estudar actualmente na cidade. Estes son os únicos requisitos para desfrutar de dúas horas á semana de ensaios.

A Concellaría de Xuventude destaca que a situación actual lles permitirá ás persoas con inquedanzas na música puliren as súas propostas con tempo para estaren listas de cara a presentalas cando as circunstancias sexan favorables. Deste xeito, o Concello anima os grupos noveis a que proben nas infraestruturas municipais, despois de comprobar durante a pandemia que a cultura non se pode deter, "é indispensable". A alcaldesa, Inés Rey, reitera a necesidade que ten a cidadanía de se alimentar de música en directo e asegura que "desde aquí non deixaremos de programar cultura segura e de impulsar as creadoras e os creadores locais, darlles espazos e promover iniciativas que favorezan o intercambio co seu público".

Os impresos están dispoñibles a través de locaisdensaio.blogspot.com e o prazo de inscrición remata o 5 de abril. Os novos horarios resultantes deste proceso comezarán a aplicarse a partir do 26 de abril.

Debido á emerxencia sanitaria da COVID-19, este servizo implementou unha serie de medidas en prol da seguridade das persoas usuarias, as cales deben seguir un protocolo co obxectivo de previr novos contaxios. Entre elas, está a toma de temperatura antes de entraren e a capacidade das salas, de xeito que haxa un mínimo de catro metros cadrados de separación entre as/os membros da formación. Actualmente, os ensaios están limitados a un máximo de catro persoas.

Por último, as salas e o backline de que están provistas desinfectaranse ao finalizar cada sesión de ensaio.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión