Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

1 de diciembre de 2022

O público pode elixir a franxa horaria na que desexa acceder ao monumento

O Concello activa hoxe o novo sistema de venda de entradas en liña para visitar a Torre de Hércules

O resto de museos coruñeses sumaranse nos próximos meses a este sistema, operativo xa no museo Arquelóxico

O Concello da Coruña activou este 1 de decembro o sistema de venda de entradas en liña para a Torre de Hércules. O público interesado en visitar o monumento declarado en 2009 Patrimonio Mundial pola UNESCO pode adquirir as entradas a través de Internet e na franxa horaria na que desexa facer a visita, o que permitirá unha mellor organización no acceso diario á Torre.

A Torre de Hércules únese así ao sistema de venda de entradas en liña a través da web www.ticketing.coruna.gal. O primeiro museo en incorporarse á venda en liña foi o Arqueolóxico, ao que se suma agora a Torre e ao que seguirán o resto dos museos coruñeses nos vindeiros meses.

O desenvolvemento do sistema de pagamento levouse a cabo desde a área de Innovación. O investimento para adaptar a Torre ascende a 105.000 euros, financiados nun 80 % con cargo ao programa Eidus. O Goberno de Inés Rey está a levar a cabo durante o actual mandato a instalación de servizos dixitais que redunden nunha maior facilidade de acceso á administración e aos servizos municipais. O sistema de cita previa, a venda de entradas e a posta en funcionamento da APP de pagamento do bus urbano son algunhas das melloras levadas a cabo polo Concello, melloras nas que se enmarca o novo sistema de venda de entradas da Torre.

A Torre de Hércules é un dos monumentos máis visitados, un dos grandes atractivos da cidade. Durante os meses de verán o número de visitas alcanza unha media de 600 persoas ao día, segundo indican as estatísticas de 2022. Fóra da tempada estival a media de visitas sitúase nas 200 diarias. O novo sistema de venda en liña facilitará a organización das visitas por franxas horarias.

A capacidade de acollida do monumento está limitada a 32 persoas cada media hora, límite establecido para garantir a seguridade dos visitantes e a correcta conservación do monumento. A Torre de Hércules combinará a venda de entradas en liña coa venda física, como ata o de agora, a través do Centro de Interpretación e Atención ao Visitante. O custo dos tíckets será o mesmo: 3 euros a entrada xeral e 1,50 euros a entrada reducida, prezos que se manterán tamén o ano que vén despois do anuncio no pleno de novembro do voceiro do Goberno, José Manuel Lage, da conxelación de todas as taxas e prezos públicos municipais. Lage, concelleiro responsable tamén da área de Innovación, recordou que xa é posible realizar ata 85 trámites a través da web municipal e que se está a traballar en novas aplicacións que faciliten aos cidadáns ás cidadás a súa relación coa administración local.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión