Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

28 de mayo de 2021

O Concello adxudica a concesión do Copacabana, que abrirá os 365 días do ano e ofertará actividades culturais e citas gastronómicas

José Manuel Lage Tuñas: “A renovación do emblemático establecemento contribuirá á mellora integral dos xardíns de Méndez Núñez impulsada por Inés Rey”

A empresa Indihostel 2012 é a adxudicataria da concesión do Copacabana, establecemento hostaleiro situado nos xardíns de Méndez Núñez que será explotado pola dita compañía durante os vindeiros 30 anos. A oferta presentada por Indihostel foi a que obtivo a maior puntuación na Mesa de Contratación realizada hoxe, tanto na avaliación técnica como na económica, cun total de 81,69 puntos, e obtivo 14 puntos máis que o segundo clasificado. Ao concurso presentáronse un total de cinco ofertas, e a de Indihostel acadou, de modo unánime, a máis alta valoración.

O adxudicatario deberá agora executar o proxecto arquitectónico redactado por Xosé Manuel Casabella (autor tamén do actual Copacabana) e José Luis Martínez Raído, proxecto que conserva a morfoloxía e os valores do establecemento. O orzamento das obras ascende a 386.216 euros, traballos que suporán a renovación do mobiliario e o equipamento e tamén da cuberta e acristalamentos, e que serán asumidos pola empresa.

O ofertante aboaralle ao Concello un total de 798.770 euros durante os 30 anos de concesión, a razón de 26.625 euros ao ano, case dez veces máis que o último canon, de 3.100 euros anuais, que rexía a concesión.

A empresa que xestionará o local (que deberá manter o mesmo nome), ofertou a maiores do esixido nos pregos, un investimento de 485.000 euros en equipamento do establecemento, máis outros 100.000 euros para a súa actualización transcorridos os dez primeiros anos.

O local xerará 12 empregos directos e abrirá os 365 días do ano, de 08.00 horas a 24.00 horas de luns a xoves, e até as 02.30 horas de venres a domingo. Ademais de xornadas gastronómicas periódicas organizará actos culturais como presentacións de libros, música, proxeccións de curtametraxes e monólogos, segundo detalla a oferta gañadora do concurso.

"A renovación do emblemático establecemento contribuirá á mellora integral dos xardíns de Méndez Núñez impulsada por Inés Rey", explicou José Manuel Lage Tuñas, concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, quen recordou que a alcaldesa puxo fin ao botellón que tiña lugar nos históricos xardíns e que acometeu tamén a renovación da Rosaleda.

Indihostel ten un prazo máximo de 8 meses, desde a formalización da concesión, para abrir ao público o Copacabana. Así, o local estará de novo en servizo no primeiro trimestre do 2022.

A última concesionaria construíu e xestionou as instalacións desde 1984 até 2019, cando pechou o local catro anos despois de vencer a concesión. O executivo de Inés Rey sacou de novo a concurso a cafetería en febreiro deste ano, dentro do proceso de regularización das concesións vencidas.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión