Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

26 de xuño de 2020

O concello agradécelle ao youtuber Wismichu a doazón de 1.200 máscaras para a veciñanza

Desde María Pita destacan tamén a predisposición da empresa que as fabricou, Paraguas Carballo, para axilizar o proceso de fabricación dos elementos de protección, que repartirán entre as distintas entidades sociais

O concello agradécelle ao youtuber coruñés Ismael Prego (Wismichu) a doazón de 1200 máscaras reutilizables para repartir entre a veciñanza e valora positivamente tamén a disposición da firma Paraguas Carballo por axilizar a súa fabricación. Desde María Pita organizarán o repartimento destes elementos de protección entre as distintas entidades sociais da cidade.

As máscaras teñen dúas capas de tecido 100% algodón hidrófugo, con acabado de parafina. Wismichu contactou cos servizos municipais antes de se iniciar o proceso de elaboración e contou co compromiso da firma para darlle prioridade ao pedido co fin de entregalas no menor tempo posible. Estas cumpren a especificación UNE 0065 2020 e soportan un mínimo de 10 lavados. O lote inclúe distintos tamaños para as persoas adultas e unhas de talle mediano aptas para que as usen as nenas e nenos e as/os adolescentes.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión