Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

26 de xullo de 2020

O Concello amplía a beirarrúa da avenida de Pedro Barrié de la Maza

A actuación enmárcase no Plan de mobilidade sustentable que puxo en marcha o Goberno local hai varios meses e que persegue mellorar a accesibilidade e gañar espazos públicos de calidade para a veciñanza

O Concello iniciará a obra de ampliación e mellora da seguridade viaria na avenida de Pedro Barrié de la Maza, entre as rúas Modesta Goicouría e Rubine. Os traballos consistirán na ampliación da beirarrúa existente ocupando o carril máis próximo aos edificios e na reordenación da sinalización  horizontal para deixar dous carrís por sentido de circulación. O prazo de execución das obras será de dous meses e conta cun orzamento de 33.574,66 euros.

A solución proxectada permitirá a utilización do espazo público en condicións de accesibilidade e seguridade acorde á normativa vixente e mellorará a accesibilidade tanto da peoas e dos peóns como das persoas que van en cadeiras de rodas, os carriños...

O Goberno local dentro do seu plan de mellora da mobilidade urbana sostible leva a cabo varias obras de ampliación do espazo para as e os viandantes. Neste caso, existe un tramo de beirarrúa de ancho variable, pero con estreitamentos nos seus extremos que fan que non cumpra nin sequera cos anchos mínimos de normativa de accesibilidade. Isto débese en parte a que os soportais do edificio existente están elevados sobre a beirarrúa e supoñen unha barreira arquitectónica.

Así mesmo, nos dous pasos peonís situados nos extremos do tramo, concéntranse gran cantidade de viandantes e outros elementos de mobilidade persoal para comunicarse co Paseo Marítimo e a praia de Riazor. Por outra banda, a calzada neste punto ten cinco carrís de circulación; dous en sentido cara ao Orzán, e tres en sentido cara a Riazor. Precisamente un destes últimos é o que se pode suprimir sen afectar á capacidade da vía, xa que procede do tramo anterior e é o de xiro obrigatorio cara á rúa Modesta Goicouría.

Toda a superficie da beirarrúa pavimentarase con baldosa similar á existente nas zonas renovadas do paseo marítimo. Nos pasos peonís colocarase baldosa podotáctil. Na parte central do tramo onde se realizarán os traballos habilitarase unha zona para estacionamento temporal de vehículos, para lle dar servizo ao centro de día de persoas maiores,  e mesmo carga e descarga.

Os contedores de recollida de residuos sólidos urbanos desprazaranse ao novo bordo de beirarrúa. Se as fixacións non poden instalarse como habitualmente por non haber suficiente profundidade para perforar, se fixaran a súa posición mediante un bloque de formigón.

O parapeto existente no acceso ao aparcamento subterráneo substituirase por varanda metálica de aceiro inoxidable similar á xa instalada nos accesos ao lado mar.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión