29 de outubro de 2026
Os camposantos abrirán das 8.30 ás 19.00 horas entre o 29 de outubro e o 1 de novembro para facilitar as visitas da cidadanía
O Concello da Coruña ampliará o horario de apertura dos cemiterios municipais con motivo da festividade de Todos os Santos, co obxectivo de facilitar as visitas da cidadanía aos camposantos durante os días de maior afluencia.
Deste xeito, os días 29, 30 e 31 de outubro e 1 de novembro, os cemiterios municipais abrirán as súas portas ás 8.30 horas e permanecerán abertos ata as 19.00 horas, ampliando así o horario habitual de peche.
Esta medida busca facilitar o acceso ás instalacións municipais e ofrecerlles unha maior marxe horaria ás persoas que se acheguen durante estas datas para visitar os seus familiares e seres queridos.
Reforzo do transporte público urbano
Ademais, o Concello establecerá un dispositivo especial de transporte público urbano para facilitar os desprazamentos aos cemiterios municipais durante estas xornadas.
Os días 31 de outubro e 1 de novembro reforzaranse as liñas 23 e 23A con dous autobuses adicionais, de xeito que a frecuencia combinada de ambas as liñas, que dan servizo ao cemiterio de Feáns, será de 18 minutos.
Xa o domingo 1 de novembro, Día de Todos os Santos, reforzarase tamén a liña 3, que dá servizo aos cemiterios de San Pedro de Visma e Santo Amaro, cunha frecuencia combinada coa liña 3A de 17 minutos. Ao cemiterio de San Pedro de Visma tamén se poderá acceder a través das liñas 12 e 14.
Pola súa banda, a liña 11, que conta cun percorrido transversal pola cidade e permite realizar transbordos co resto das liñas da rede, reforzarase con dous autobuses adicionais ao longo de toda a xornada do 1 de novembro. Deste xeito, ofrecerá unha frecuencia de 18 minutos para facilitar os desprazamentos ao cemiterio de Santo Amaro.
Ademais, o cemiterio de Santo Amaro conta con conexións a través das liñas 4, 5, 6, 6A, 7 e 17.
No caso do cemiterio de Oza, no Castrillón, as persoas usuarias poderán desprazarse mediante as liñas 1, 12A e 14, mentres que ao cemiterio de San Cristovo das Viñas daranlle servizo as liñas 5, 12A, 20 e 22.
Con este dispositivo, o Concello busca facilitar os desprazamentos en transporte público aos cemiterios municipais durante a festividade de Todos os Santos, atendendo ao incremento de visitas previsto nestas datas.

13 de novembro de 2026

13 de novembro de 2026

10 de novembro de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible