Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de marzo de 2022

O Concello ampliará a rede do carril bici da cidade cun novo tramo de 1,2 quilómetros na contorna do estadio de Riazor e que conectará co paseo marítimo

Os traballos, financiados grazas á captación dos fondos Next Generation, executaranse nun prazo de doce meses. Ademais, o proxecto abrangue melloras de adaptación nas paradas da rede de autobuses

O Concello acometerá a construción dun novo tramo de carril bici na Coruña, ampliando a rede xa existente con outros 1,2 quilómetros de percorrido na contorna de Riazor e a Cidade Xardín, un plan de mellora na mobilidade pola cidade que se acometerá grazas á captación de 11 millóns en fondos Next Generation por parte do Goberno de Inés Rey.

Este novo percorrido para vehículos non motorizados, que sairá a licitación por máis de 550.000 euros e terá un prazo de execución de doce meses a partir da súa adxudicación, decorrerá 800 metros pola avenida da Habana, no lateral superior do estadio municipal de Riazor, e un último tramo que cruzará a avenida de Bos Aires para darlle continuidade ao carril bici polo paseo marítimo.

Ademais, levarase a cabo a construción de outros 300 metros de carril bici na rúa Gregorio Hernández, uníndose co tramo xa disposto tras a reurbanización da rolda de Nelle, coa retirada do viaduto.

Este tramo de carril bici de 1,2 quilómetros terá 2,5 metros de ancho e será de dobre dirección, e contribuirá tamén á renovación e mellora da contorna de Riazor, o paseo das Pontes - Cidade Xardín e San Roque. Neste sentido, durante os traballos, plantarase tamén arboredo e levaranse a cabo melloras de adaptación nas paradas da rede de autobuses.

Un novo impulso para adaptar a cidade á mobilidade sostible

Coa captación dos 11 millóns en fondos europeos, o Concello sufragará tamén o novo trazado de carril bici en Fernández Latorre, así como as melloras nos tramos xa existentes na cidade para reforzar a súa seguridade. A isto súmase, por outra banda, as melloras previstas polos proxectos aprobados nos Orzamentos Participativos do ano pasado, que abranguen novos tramos na avenida de Arteixo e cara ao barrio de Novo Mesoiro, así como as obras xa adxudicadas para conectar o carril bici da rúa Pablo Picasso coa avenida de Salvador de Madariaga. Ampliarase, ademais, a dispoñibilidade de bicicletas eléctricas no servizo de Bici Coruña.

Todas as actuacións previstas licitaranse no primeiro semestre de ano, co fin de que estean rematadas como moi tarde en decembro do ano 2023.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión