Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de abril de 2020

O concello aplicaralles a moratoria ás e aos inquilinos de pisos municipais cunha situación económica vulnerable

A veciñanza poderá beneficiarse desta prórroga presentando a solicitude por vía telemática ou a través do correo electrónico rehabilitacionvivenda@coruna.es xunto coa documentación esixida, no prazo dun mes

O concello aplicaralles, como entidade pública de vivenda, a moratoria da débeda arrendaticia regulada no artigo 4 do Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, a aquelas e aqueles inquilinos de pisos de titularidade municipal que se atopan nunha situación de vulnerabilidade económica a raíz do confinamento polo Covid-19.

Segundo establece a norma, a Concellería de Vivenda concederalles a prórroga no pago ás persoas que a soliciten no prazo dun mes desde a súa entrada en vigor e que acrediten ademais a súa situación crítica como consecuencia da emerxencia sanitaria actual.

Así mesmo, amplía o dereito a solicitaren a moratoria a aqueles inquilinos e inquilinas que conten con contratos de alugueiro anteriores ao 1 de xaneiro de 1995, data da entrada en vigor da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos. Para poder ser beneficiarias/os do dito dereito, deberán encontrarse igualmente na situación de vulnerabilidade económica definida no seu artigo 5 e acreditalo mediante a documentación sinalada no artigo 6. Toda esta información está subida no BOE (Boletín Oficial do Estado) desde a semana pasada.

Dado que os rexistros municipais están pechados en aplicación do protocolo asinado o 15 de marzo canto ao funcionariado e co fin de lle facilitar á cidadanía o procedemento, esta poderá achegar os documentos esixidos telematicamente ou remitindo un correo electrónico a rehabilitaciónvivenda@coruna.es, con independencia de que posteriormente se lle requiran os documentos para comprobalos ou emendalos.

O concello é propietario de 410 vivendas, bens de carácter patrimonial que ten alugados ou cedidos na súa maior parte.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión