Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

19 de agosto de 2021

O Concello aposta polo folclore cunha romaría de Santa Margarida en que actuarán até 15 agrupacións tradicionais e para nenos

O Concello organiza unha edición da romaría de Santa Margarida de venres a domingo, que responde a unha aposta firme do Goberno de Inés Rey polas agrupacións folclóricas desta cidade.

A programación musical comezará este venres co espectáculo infantil "A música das buguinas", de Mamá Cabra e Bellón Maceiras, ás 18.00 horas, e rematará o domingo con Leilía, ás 21.00 horas. Deste xeito, a cidadanía desfrutará durante tres días da posta en escena da Asociación Cultural Donaire, 3 Pesos e Tiruleque (o 20 de agosto) e de Lydia Botana, Agrupación folclórica Aturuxo, Asociación Cultural Son d´aquí, Asociación de Coros e Danzas Eidos, Os d´Abaixo e Xurxo Fernandes (21 de agosto). A última xornada estará protagonizada por Magín Blanco, Cántigas da Terra, Asociación Cultural Xacarandaina, Joel Padín e as integrantes de Leilía.

Por outra banda, este ano a romaría centrarase exclusivamente nas actuacións musicais e non contará con postos de venda ambulante para garantir o cumprimento das restricións marcadas polas autoridades sanitarias co fin de evitar a concentración de persoas.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión