Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de xaneiro de 2021

O Concello aposta polo fondo común de axudas para a hostalaría e turismo

A alcaldesa, Inés Rey, referenda a proposta da Deputación para coordinaren entre a Xunta, as administracións municipais e mais as catro institucións provinciais un plan de subvencións de máis de 140 millóns de euros

O Concello apoia un fondo común de axudas dirixidas ás persoas autónomas e ao sector da hostalaría e turismo, tal e como propuxo hoxe o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, que implicaría a Xunta de Galicia, os concellos galegos e as catro institucións provinciais. A alcaldesa, Inés Rey, considera que a proposta permitiría crear un plan coordinado de axudas directas de máis de 140 millóns de euros, fronte aos 50 millóns que propón a Xunta de Galicia. Con esta iniciativa, Rey apuntou que se lle daría unha resposta importantísima a un sector que representa o 4,5% do PIB en Galicia.

Rey sinalou este mediodía a necesidade de que as administracións se coordinen para acurtaren tempos e atenderen antes as peticións daqueles sectores máis afectados pola pandemia. Para paliaren o déficit acumulado por estes/as profesionais ao longo destes meses, cada administración destinará o 1% dos seus orzamentos co fin de que non pechen os seus locais e se poidan salvar preto de 66.000 empregos dependentes do sector na actualidade en Galicia. 

Segundo a rexedora, esta axuda sería proporcional e asumible por todas as administracións, na que contribuiriamos ao obxectivo común de apoiarmos os sectores máis golpeados polas consecuencias das restricións sanitarias ditadas pola Xunta para frear a pandemia.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión