Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

28 de septiembre de 2020

O Concello avanza na creación da Oficina de Promoción Industrial da Coruña

A edila Eva Martínez Acón reuniuse hoxe co presidente da Cámara de Comercio para avanzaren neste proxecto que “permitirá atraer novas empresas e, por tanto, xerar riqueza na cidade”

A concelleira de Industria, Innovación e Emprego, Eva Martínez Acón, reuniuse hoxe co presidente da Cámara de Comercio, Antonio Couceiro, para seguiren avanzando na constitución da Oficina de Promoción Industrial da Coruña e a súa área de influencia.Segundo Acón, "trátase dun proxecto que queremos desenvolver e, para iso, buscamos a fórmula xurídica axeitada que implique que o Concello teña un posto de relevancia na dita oficina".Esta acción enmárcase dentro do Plan estratéxico de promoción industrial da Coruña e área de influencia e o seu obxectivo é favorecer o desenvolvemento industrial na área coruñesa, atraer novos investimentos, mellorar a competitividade, impulsar a iniciativa emprendedora e a creación de emprego de calidade.Para constituír esta oficina, o Concello conta cunha partida de 37.000 euros, reflectida nos orzamentos municipais de 2020, co fin de constituíla e poñela en marcha. A concelleira agradeceulla a Couceiro a súa implicación para desenvolver esta oficina que permita atraer novas empresas e, por tanto, xere riqueza na cidade.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión