Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

23 de julio de 2021

O Concello axiliza a tramitación de licenzas en base ao acordado na Mesa de Desenvolvemento Urbano

Desde esta semana os proxectos de execución en trámite de licenzas presentaranse cunha declaración responsable a fin de reducir a tramitación dos expedientes de obras e publicaranse os ditames da Comisión do Plan Especial

O Concello publica desde hoxe na web de Urbanismo todos os ditames da Comisión PEPRI (Plan Especial de Protección e Reforma Interior) co fin de que se coñezan os criterios interpretativos en base aos cales se informan as licenzas no ámbito histórico. A iniciativa, que pon en marcha o Goberno que dirixe Inés Rey e que se pode consultar xa na ligazón https://bit.ly/3zszMvb, pretende dar unha maior seguridade para traballar na zona PEPRI.

O Goberno local lembra que as persoas interesadas tamén teñen a posibilidade de solicitar un informe de viabilidade á devandita comisión para coñecer as obras que se poden autorizar en cada edificio da zona PEPRI. Así mesmo, sinala que esta e outras medidas que a concellería está levando a cabo queren dar resposta ás solicitudes realizadas por parte dos membros da Mesa de Desenvolvemento Urbano que tivo lugar o pasado 2 de xullo, reunión en que se lle esixía ao Goberno local máis seguridade para traballar no ámbito PEPRI e maior axilidade na concesión de licenzas.

Ademais, o Concello anuncia que desde esta semana os proxectos de execución en trámite de licenzas de obras presentaranse cunha declaración responsable a fin de axilizar a tramitación dos expedientes. Deste xeito, a licenza obterase con informe técnico favorable en base ao proxecto básico, esixirase unha declaración responsable coa presentación do proxecto de execución e volverase informar unha vez rematada a obra a fin de outorgar a licenza de primeira ocupación. Trátase dunha petición que se nos trasladou na Mesa de Desenvolvemento Urbano tanto por parte dos promotores coma do colexio de arquitectos e á que damos cumprimento coa maior brevidade.

O Executivo local que encabeza Inés Rey leva un bo ritmo que o Executivo de Inés Rey leva na xestión e concesión de licenzas e o compromiso que temos desde o inicio do mandato polo desenvolvemento e crecemento da cidade. Así, no primeiro semestre do ano, este Goberno local leva concedidas 421 licenzas de obra, 1.124 comunicacións previas e 583 de actividades. Este dato mellora ao do 2020 xa que no mesmo período do ano pasado déronse 390 licenzas de obra, 877 comunicacións previas e 466 de actividades. Se temos en conta a pandemia e collemos os datos do ano 2019, a mellora é aínda máis notable. No 2019 concedéronse 315 licenzas de obra en todo o ano, son 106 licenzas menos que as concedidas no primeiro semestre deste ano. Polo tanto, o crecemento é moi notable.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión