Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de maio de 2021

O Concello busca reforzar a afección pola lírica desta cidade co seu apoio á Tempada Lírica

O tenente de alcaldesa, Juan Ignacio Borrego, destacou na presentación do programa o seu altísimo nivel e a presenza de referentes como Xabier Anduaga, que debutará na Coruña e que non se queren perder a oportunidade de actuar no certame da Asociación Amigos de la Ópera

O tenente de alcaldesa, Juan Ignacio Borrego, presentou esta mañá a nova Tempada Lírica, xunto á presidenta de Amigos de la Ópera, Natalia Lamas; o seu director artístico, César Wonenburger; e o director da AGADIC, Jacobo Sutil, nun acto en que o concelleiro destacou o grande esforzo realizado pola organización que preparou un programa "dunha excelentísima calidade". O edil recordou que dentro da aposta do Concello pola cultura, "sabemos que a lírica gusta na Coruña, polo que a volta á presencialidade é a mellor nova que lle podemos dar á veciñanza, que poderá desfrutala en directo, con óperas de altísimo nivel e a presenza de referentes que non se queren perder a oportunidade de actuar no certame da agrupación decana". Indicou que "esta actuación pon de manifesto o compromiso da alcaldesa, Inés Rey, co sector cultural, e o seu empeño en apoialo nun momento complicado".

Neste aspecto, destacou o debut de Xabier Anduaga en "I Puritani" o 4 de setembro no Teatro Colón, na que "agardamos que  sexa a primeira de moitas visitas do tenor á cidade". Ademais, fixo fincapé no apoio que lle dan ás e aos artistas galegos coa posta en escena do baixo Alejandro Baliñas nesta mesma ópera; do contratenor coruñés Alberto Miguélez, que estará nunha "Partenope" semiescenificada o 2 de outubro; ou do pianista Borja Mariño, que acompañará ás voces da soprano Saioa Hernández e do tenor Francesco Galasso o día 23 de setembro no Teatro Colón.

Borrego falou do espectáculo "El Reflejo" (10 de setembro, Teatro Colón), en que se recordará o vínculo de Pardo Bazán coa música a través dos textos do escritor coruñés Javier Ozores e ilustracións musicais: "Neste monólogo veremos á actriz Estíbaliz Veiga encarnando parte dos ideais de dona Emilia como a igualdade de xénero ou a reivindicación de melloras para a muller obreira". Das homenaxes ás figuras de Ofelia Nieto na ópera "Pagliacci", (24 e 26 de setembro, Teatro Colón) e á recentemente falecida Adela Estévez no recital de María José Moreno e Carlos Álvarez o 14 de outubro, no Teatro Rosalía Castro, o tenente de alcaldesa remarcou que a tempada volve contar coma sempre coas orquestras e formacións da cidade. A OSG compartirá espazo coa Banda Municipal e o coro Gaos para lles poren música e voz a estreas e títulos protagonizados polas/os mellores cantantes, "algo que di moito da calidade das nosas agrupacións". Así mesmo, abordou a parte formativa da tempada con cursos de interpretación vocal, coloquios e conferencias coas que "mantermos máis vivo aínda un xénero que está de en hora boa e que terá sempre acubillo na Coruña".

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión