Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de decembro de 2020

O concello colabora con Ecovidrio nunha campaña para concienciar sobre a necesidade de reciclarmos durante este Nadal

A entidade instalou na praza de Vigo unha árbore de catro metros de altura formada por miniglús e un contedor da compañía Disney, co propósito de sensibilizar as nenas e os nenos sobre a “maxia” de reutilizar

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, asistiu esta mañá á instalación dunha árbore de Nadal de 4 metros de altura formada por 64 pequenos iglús na praza de Lugo, que forma parte da campaña en que o concello colabora con Ecovidrio para concienciar a poboación sobre a importancia de reciclar este tipo de envases durante as celebracións do Nadal. Nestas datas, explicou a concelleira, consúmense o 20% dos envases de vidro que se reciclan nun ano. Fontán estivo acompañada no acto polo xerente de Ecovidrio en Galicia, Germán Fernández.

Xunto á árbore, a compañía Disney instalou tamén un colector destinado á reciclaxe de vidro, co lema "Estas navidades, reciclar vidrio es mágico". A Coruña foi elixida xunto a outras nove cidades españolas para pór en marcha esta iniciativa.

A concelleira destacou a importancia de campañas deste tipo, en que se implica as nenas e os nenos, e nos axuda a formarmos as novas xeracións comprometidas coa cidade do medio ambiente. "É unha forma moi orixinal, bonita, de contribuír a que a nosa cidade sexa un exemplo de coidado do medio e de reutilización dos envases de vidro", manifestou a concelleira.

Ademais, Ecovidrio habilitou un posto de información, en horario de 12.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h, en que educadoras/es medio ambientais informan a cidadanía sobre os beneficios ambientais ao reciclar envases de vidro. Ademais, sortearanse 100 iglús entre as persoas visitantes, mediante un sorteo virtual de "rasca e gaña".

Datos da reciclaxe de vidro na Coruña

Segundo os últimos datos oficiais de 2019, a cidadanía coruñesa reciclou 3.926 toneladas de envases de vidro, o que supón que cada persoa reciclou unha media de 16 kg deste material. Respecto á contenerización, a localidade conta cunha taxa de 369 habitantes por colector, un parque total de 665 colectores para os residuos de envases de vidro instalados por toda a cidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión