Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de xaneiro de 2021

O Concello comeza a devolución das entradas dos concertos da OSG afectados polas novas restricións

O prazo máximo establecido para solicitar as devolucións comeza hoxe e remata o 1 de marzo de 2021. O horario de atención ao público na praza de Ourense será de luns a xoves de 10.00 a 14.00 h e de 15.00 a 18.00 h, os venres abrirá de 10.00 a 15.00 h.

O Concello da Coruña activou onte o procedemento para devolver as entradas dos concertos da Orquestra Sinfónica de Galicia afectados polas novas restricións en Galicia os días 29 de xaneiro e 5 de febreiro de 2021. A partir de hoxe, as persoas compradoras dos tíckets irán recibindo na tarxeta bancaria coa que realizaron a compra a devolución do importe das correspondentes localidades. Os gastos de xestión aboados tamén serán devoltos. Ambos os concertos afectados realizaranse sen público e retransmitiranse a través da canle de YouTube da OSG. O concerto desta noite emitirase nos vindeiros días e hoxe, a partir das 20.00 h, o público poderá desfrutar en liña do concerto El Mesías de Haendel con Carlos Mena e o Coro da OSG.

Desde a Concellería de Cultura sinalan que no caso das compras en liña a través de Infotactile e dos pagos no despacho de entradas con tarxeta, devolverase automaticamente o importe das localidades, gastos de xestión incluídos. Canto ás localidades adquiridas no despacho de entradas en efectivo, explican que as persoas que as adquiriron na praza de Ourense en efectivo deberán dirixirse ao devandito despacho de entradas para solicitaren que se lles  devolva o seu importe.

O prazo máximo establecido para solicitar as devolucións comeza hoxe e remata o 1 de marzo de 2021. Mentres se manteñan vixentes as restricións actuais, o horario de atención ao público na praza de Ourense será de luns a xoves de 10.00 a 14.00 h e de 15.00 a 18.00 h, os venres abrirá de 10.00 a 15.00 h.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión