Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de abril de 2021

O Concello comeza a renovar a frota de vehículos da Policía Local

Esta actualización do equipamento da Policía Local tamén contará con sete novos vehículos patrulla e cinco furgonetas rotuladas

O Concello da Coruña conta desde hoxe con dous novos vehículos e sete bicicletas para a Policía Local, que foron recibidos esta mañá en María Pita polo concelleiro de Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego. "A renovación da frota policial é unha medida do Goberno de Inés Rey para mellorar a seguridade da veciñanza e dos propios axentes da Policía Local", sinalou Borrego, quen explicou que "tamén están adxudicados e pendentes de entrega sete novos vehículos patrulla rotulados, e pendentes de adxudicar cinco furgonetas rotuladas".

Un destes automóbiles será empregado pola Sección de Disciplina Viaria da Unidade de Tráfico, "que foi reforzada recentemente con nove novos axentes e necesitaba aumentar a súa dotación de vehículos", indicou Borrego, e a súa misión fundamental, aínda que non a única, será detectar infraccións de tráfico. Trátase dun vehículo que incorpora cámaras de gravación e medios tecnolóxicos conectados á base de datos da DXT para a comprobación automática de documentación de vehículos (seguro obrigatorio, ITV, permiso de circulación etc.). O modelo é tipo SUV, deste xeito, apuntou Borrego, "permitirá poñerse á altura dos vehículos e detectar facilmente movementos no seu interior, tamén optimizará a eficiencia dos controis e a autoprotección das e dos axentes de Policía Local".

O segundo vehículo será empregado por determinados axentes da unidade de administración e apoio técnico, xefatura de unidades e de corpo de cobertura e loxística policial, e permitirá realizar traslados e servizos con discreción.

Tamén se incorporan 7 bicicletas personalizadas para a Policía Local que renovan totalmente a actual frota da Unidade de Convivencia e Seguridade Diúrna, que contaba con dez anos de antigüidade. Coa chegada das novas bicis, reforzarase esta sección especializada da policía con máis axentes, que patrullan na zona centro da cidade, especialmente en zonas peonís e no paseo marítimo, así coma na zona que vai desde o Monte San Pedro até Durmideiras e no verán reforzan a súa presenza na contorna das praias da cidade.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión