Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de agosto de 2020

O concello comeza as obras para habilitar un aparcadoiro provisional en Casabranca

Trátase dunha medida que, tal e como solicitou a asociación de veciños, aumentará a capacidade de ata 80 novos estacionamentos no barrio dos Castros e estará operativa a comezos de setembro

O concello arrinca as obras para habilitar un aparcadoiro provisional no Lugar de Casabranca, nos Castros, que permitirá a creación de 80 novos estacionamentos no barrio.

A alcaldesa, Inés Rey, que visitou o pasado 29 de xuño a asociación de veciños Oza Gaiteira Os Castros, para escoitar as súas demandas, sinala que os barrios "non son meras extremidades da cidade, senón que todas as zonas da Coruña deben contar cuns servizos acordes ás súas necesidades", como este aparcadoiro, que "prestará un servizo demandado pola veciñanza dos Castros".

A asociación de veciños da zona solicitoulle á Concellería de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade un aparcadoiro provisional, que o concello decidiu habilitar nunhas parcelas de titularidade municipal no Lugar de Casabranca. Os traballos de acondicionamento deste aparcadoiro veñen precedidos polos traballos de asfaltado na beiravía da rúa pola que se accede a el.

Esta semana comezaron os traballos de retirada da terra vexetal e da materia orgánica. Tamén se está facendo practicable a entrada para os camións. Desde a Área de Infraestruturas prevén que o aparcadoiro estea finalizado e listo para se utilizar a comezos de setembro.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión