Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de xullo de 2022

Rematan os traballos na pista multideporte da Praza da Tolerancia, co que finaliza a actuación global prevista no espazo

O Concello completa a reforma das pistas deportivas de Mazaído

Leváronse a cabo traballos de acondicionamento e equipamento nas pistas multideporte de Bens e de pintado e pulido na Sagrada Familia

O Concello da Coruña finalizou os traballos de mellora en tres pistas multideporte do termo municipal co fin de acondicionar as instalacións deportivas para as persoas usuarias. As actuacións enmárcanse na batería de propostas do Goberno de Inés Rey para mellorar as infraestruturas deportivas e de ocio da cidade.

No barrio de Bens acometéronse traballos de acondicionamento e equipamento nas pistas de Mazaído. Os traballos consistiron na pavimentación da pista deportiva e pintado das liñas de xogo, que comprenden unha pista de fútbol sala e dúas zonas de baloncesto en modalidade 3x3. Ademais, ampliouse o equipamento deportivo das instalacións e dotouse o espazo dunha portería para fútbol sala ou balonmán e dúas canastras de baloncesto.

Pola súa banda, no barrio da Sagrada Familia realizáronse traballos de pulido da superficie para acondicionar o chan de xogo e repintado do peche exterior metálico. Ademais, pintáronse unha pista de fútbol sala e catro zonas de baloncesto 3x3, así como a zona de bancadas e muros, despois dunha limpeza integral do espazo. As mesas de xogo e canastras foron resituadas de acordo cos traballos de pintado realizados, reconfigurando o espazo deportivo para unha mellora na actividade das persoas usuarias.

Pista Multideporte na Tolerancia

Esta semana tamén remataron os traballos nas pistas multideporte na Praza da Tolerancia, no Barrio de Labañou, abertas ao público dende finais de ano. A pista inclúe varios espazos de xogo integrados ao aire libre, divididos nas súas áreas. Unha máis pequena con dúas canastras de minibaloncesto e outra máis ampla, con seis canastras de baloncesto e seis porterías. As dúas zonas dispoñen dunha bancada perimetral con asentos de madeira así como dunha fonte adaptada para persoas con mobilidade reducida, situada no acceso entre as dúas áreas.

Co repintado das pistas, que fora aprazado ata a chegada do bo tempo, finalízase a actuación global do espazo deportivo afondando no compromiso do Goberno de Inés Rey coa práctica do deporte ao aire libre a través de infraestruturas renovadas nos barrios.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión