Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de xaneiro de 2023

O Concello completa a revitalización do mercado de San Agustín coa adxudicación de 13 postos no exterior

As catro esquinas contarán con locais de hostalaría. Haberá tamén postos de venda de flores, roupa e complementos, reparación e reciclaxe, reparto a domicilio e venda de produtos artesáns

O Goberno local propuxo a adxudicación de 13 postos exteriores no mercado de San Agustín. Os licitadores presentaron ofertas para todos os postos que saíron a concurso, sen quedar ningún deserto. Na redistribución de locais posta en marcha polo Goberno de Inés Rey, a alimentación concentrarase no interiror do mercado, deixando os locais exteriores para outros usos.

Así, o mercado contará con catro locais de uso hostaleiro, situados en cada unha das catro esquinas do edificio. Os licitadores ofertaron canons que van desde os 2.061 ata os 10.500 euros anuais por cada unha das cantinas. As ofertas avaliadas na mesa de contratación serán proximamente ratificadas na Xunta de Goberno Local. O obxectivo é que os postos teñan actividade no primeiro trimestre deste ano.

No exterior do mercado situaranse tamén dúas tendas de venda de flores e plantas, un establecemento de repartimento a domicilio, dous de venda de roupa e complementos, un máis de reparación e reciclaxe e outro de comercio de produtos artesáns. Completan os locais un taller de reparación de calzado e un taller de reciclaxe. Os licitadores aboarán canons que suman 62.272 euros anuais.

A concelleira de Comercio, Mercados e Barrios, Diana Sobral, sinalou que a adxudicación dos 13 postos "completa a revitalización do mercado de San Agustín, dotando de actividade os espazos que estaban baleiros no exterior, unha zona que foi obxecto dunha reurbanización completa con renovación de todo o firme e instalación de plataforma única para fomentar o uso peonil do espazo".

O Concello investiu 619.000 euros en ditas actuacións, xa rematadas. A reforma da praza do Humor, en execución, completa a renovación do céntrico espazo. Nas vindeiras semanas licitaranse tamén postos no interior co fin de aumentar a actividade no mercado contribuíndo tamén á creación de emprego.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión