Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de outubro de 2022

O Concello completa os traballos de reurbanización e humanización nas rúas Aguillón, San Pedro de Visma e Cal de Moreiras

As obras centráronse na mellora integral da accesibilidade e a mobilidade na contorna, así como na renovación da rede de saneamento e recollida de augas pluviais

O Concello da Coruña rematou a semana pasada as obras nas rúas Cal de Moreiras, Aguillón e San Pedro de Visma, tres intervencións que contaron cuns orzamentos de 49.800, 215.000 e 63.000 euros, respectivamente.

No caso da rúa Aguillón rematouse primeiro cos traballos de canalización. Posteriormente, actuouse para mellorar a accesibilidade na contorna, reorganizando a zona de circulación de vehículos e dándolles prioridade ás persoas viandantes. Neste sentido, e polas propias características da rúa, dispúxose unha plataforma única, de forma que os automóbiles circulan agora por un carril único de 2,3 metros de ancho, cos itinerarios peonís situados á esquerda e dereita deste carril central.

En paralelo, leváronse a cabo diversas intervencións de humanización, coa colocación de novo mobiliario urbano para o uso e gozo das veciñas e veciños, e tamén traballos de xardinería nas áreas verdes próximas. Ademais, executáronse obras na rede de sumidoiros e recollida de augas pluviais. As novas quenllas están situadas na beira dereita da rúa, no sentido cara á rúa San Pedro de Visma.

Por outra banda, no cruzamento que conecta a rúa San Pedro de Visma con Aguillón elevouse o firme da calzada, cun paso de peóns elevado, que queda fixado á cota da reurbanización que se levou a cabo na rúa Aguillón. A glorieta que enlaza coa estrada de Bens tamén está rematada, mentres que en Cal de Moreiras leváronse a cabo traballos de saneamento e abastecemento.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión