Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de outubro de 2026

O Concello completará melloras viarias en As Atochas, Orzán e Os Mallos como parte da súa campaña de barrios

As actuacións completarán e expandirán as renovacións iniciadas en diferentes puntos da cidade como paso previo a iniciar novos proxectos similares en máis dunha veintena de novas áreas

O Concello comezará a semana que vén coa campaña nocturna de renovación da sinalización e repintado en varios puntos da cidade, seguindo coa súa campaña de barrios que divide a cidade en sectores para implementar progresivamente melloras na seguridade viaria e mellorar a rede de sinalización -so no que vai de ano, os servizos municipais completaron o pintado de 318 pasos peonís-.

Así, avanzarase con traballos en zonas como As Atochas (co remate da rúa Mestranza), Orzán e Os Mallos. Esta última actuación foi dividida en dúas fases, e a segunda rematará nos próximos días despois de renovar máis dunha ducia de puntos no barrio, incluíndo pasos de peóns e sinalizacións de tráfico. Ademais, no que vai de ano tamén houbo actuacións deste tipo noutros puntos como Xuxán, Monte Alto, Pelamios ou Zalaeta.

Unha vez rematada a segunda fase dos Mallos, procederase a iniciar a campaña na Sagrada Familia. Na programación está previsto facer intervencións de mellora no pintado e a sinalización en case unha vintena de barrios, abarcando a maior parte do termo municipal. Estas actuacións súmanse ás da campaña de pintado da sinalización de calzada.

As melloras na sinalización, ademais de cumprir un labor de modernización nas vías públicas, tamén son unha prioridade pola súa importancia para manter a seguridade nas zonas de tránsito rodado. En 2026, implantouse nova sinalización en varios puntos, como a contorna do novo mercado de Monte Alto, o cruzamento de Juan Díaz Porlier ou o aparcadoiro da Torre de Hércules e Oceanográfico (onde se retirou a zona de autocaravanas). Estes equipos municipais tamén completaron o ordenamento de zonas de estacionamento como os novos aparcadoiros na rúa Maestro Anta e a avenida do Exército, xa completamente habilitados.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión