Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de xullo de 2021

O Concello concede subvencións a 77 entidades que traballan pola diversidade e a inclusión social

Publícanse as listaxes provisionais das convocatorias de subvencións para entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro de Igualdade e Servizos Sociais. As axudas concedidas suman un total de 250.000 euros.

O Concello publicou onte as listaxes provisionais da convocatoria específica de subvencións para entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro do exercicio 2021 de Igualdade e Servizos Socias. O prazo de presentación de alegacións será do 2 ao 13 de agosto, ambos os dous incluídos. Trátase das modalidades de Igualdade (150.000 euros) e Servizo Sociais (100.000 euros), que suman un total de 250.000 euros en axudas repartidas entre 77 entidades da cidade.

Na primeira convocatoria, o Goberno local destina 150.000 euros para apoiar ás entidades na promoción da igualdade e inclusión social atendendo ás diversidades existentes (liña 1) e á prevención das violencias machistas (liña 2). Neste ámbito da Igualdade, o Concello recibiu un total de 44 solicitudes repartidas nas dúas liñas de actuación e concedeu subvencións a 41 entidades. (25 na liña 1, e un total de 19 na liña 2). Na liña 1, as cantidades concedidas oscila entre 2.134 e 6.760 euros e na liña 2 entre 1.463 e 5.501.

Con estas subvencións o Goberno de Inés Rey busca fortalecer o movemento asociativo que traballa na Coruña pola igualdade de xénero e a diversidade e a implicación de todas as entidades que traballan día a día para construír unha cidade máis solidaria, máis inclusiva. Neste senso, a concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, fixo fincapé na importancia de pór en marcha programas e actuacións que sirvan para integrar as persoas en risco de exclusión social dándolles aos distintos grupos ferramentas para a súa inclusión.

Canto á convocatoria de subvencións para actividades o proxectos de promoción e reinserción social de Servicios Sociais, dotadas con 100.000 euros, concedéronse axudas a 36 entidades, dun total de 38 solicitudes.

Un total de 250.000 euros que teñen como finalidade non deixar a ninguén atrás neste momento tan complicado e que se veñen a sumar ás axudas dirixidas a entidades sociais e sanitarias aprobados a través dos convenios nominativos e que mostran o compromiso social do Goberno.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión