Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de novembro de 2022

A alcaldesa presidiu os actos organizados con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres que comezaron coa andaina e lectura do manifesto en Riazor

O Concello conmemora o 25N con actividades, unha andaina solidaria e a instalación dunha escultura de Miguel Couto en homenaxe ás mulleres

Inés Rey: “As institucións debemos ser parte da solución, non do problema e concienciar á xente moza de que ignorar a violencia non é o mesmo que eliminala”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu esta mañá os actos con motivo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, organizados polo Concello da Coruña. Baixo o lema 'Alto e claro', o Concello puxo en marcha unha campaña de concienciación da poboación sobre as diferentes formas de violencia, con actividades didácticas e culturais realizadas nestas semanas.

O acto central deste 25N foi a presentación da escultura "En feminino", obra do artista Miguel Couto en homenaxe ás mulleres vítimas de violencia de xénero. A obra está localizada na Praza de Tabacos, "quilómetro cero da Coruña das mulleres, grazas ás cigarreiras da Fábrica de Tabacos que hoxe reivindicamos unha vez máis mediante o mellor soporte posible, o da arte" explicou Inés Rey. Trátase dunha escultura fundida en bronce de 120 cm de alto que representa a un grupo de catro mulleres. Ten unha lectura de esquerda a dereita na que as tres primeiras figuras fan alusión ao conxunto da poboación en situación de apoio á cuarta figura, unha muller que se representa erguida como símbolo de empoderamento. "Desde hoxe queda fixada a través de esta escultura a importancia do apoio social para superar as feridas da violencia de xénero, facendo alusión a esa condición de sororidade tan importante para todas nós" concluíu.

Momentos antes da presentación da escultura, Inés Rey dou lectura ao manifesto do 25N acompañada de asociacións e entidades da cidade así coma doutros membros da corporación municipal. "A violencia contra as mulleres continúa sendo a máxima expresión da desigualdade no mundo. Atenta contra os dereitos fundamentais á vida, a liberdade, a educación en igualdade, o traballo, a protección aos menores e outros aspectos que impiden á metade da poboación ter vidas dignas e seguras" explicou Inés Rey. O acto de lectura do manifesto rematou coa tradicional agrupación de mulleres en forma de lazo como homenaxe ás vítimas de violencia de xénero.

As actividades enmárcanse na programación da campaña 'Alto e claro' posta en marcha polo Goberno de Inés Rey co obxectivo de sensibilizar á poboación sobre todas as formas de violencia. "Cada vez son máis os mozos e mozas que negan a existencia da violencia contra as mulleres e que ven como algo normal actitudes machistas. As institucións debemos ser parte da solución, non do problema, e concienciar á xente moza de que ignorar a violencia non é o mesmo que eliminala" concluíu Inés Rey.

Aos actos de esta mañá súmanse o resto de actividades da programación, que se estenderá ata o vindeiro mes de decembro con diferentes charlas e encontros arredor da violencia de xénero.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión