Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de xaneiro de 2023

Haberá máis de 100 novas prazas adaptadas, triplicando as existentes na actualidade

O Concello contrata a instalación de cinco parques infantís adaptados por 174.000 euros

As actuacións levaranse a cabo nos parques dos Rosales, Vioño, Novo Mesoiro, praza de Pontevedra e Casares Quiroga

O Concello da Coruña levará a cabo melloras en cinco parques infantís da cidade, que introducirán novos xogos adaptados. Esta actuación foi unha das propostas gañadoras nos Orzamentos Participativos de 2021 e enmárcase no Plan integral de mellora dos parques infantís do Goberno de Inés Rey, con traballos acometidos en máis de 20 parques dende a súa posta en marcha o pasado ano. 

As actuacións levaranse a cabo nos parques dos Rosales, Vioño, Fragas do Eume en Novo Mesoiro, praza de Pontevedra e Casares Quiroga en Elviña. O obxectivo é ter espazos infantís accesibles para todos os nenos e nenas, creando máis de 100 novas prazas adaptadas. A proposta da empresa Arce, cun orzamento de 174.156 euros, foi a mellor valorada na mesa de contratación celebrada esta mañá en María Pita. Os traballos comezarán no primeiros trimestre deste ano.

No parque dos Rosales pasarase de 24 a 34 prazas adaptadas, en Vioño de 1 a 32 e na praza de Pontevedra de 5 a 42. Nos barrios de Novo Mesoiro e Elviña disporanse de 13 e 12 prazas adaptadas respectivamente, todas elas de nova creación polo que se dotan os parques de Fragas do Eume e Casares Quiroga de xogos infantís inclusivos non existentes ata a data. Neste último acometerase tamén unha mellora do pavimento cambiando o piso de area por caucho, co que se mellorará a seguridade e comodidade dos nenos e nenas.

Con este proxecto, o Concello da Coruña creará 103 novas prazas adaptadas nos parques da cidade. Na actualidade, os citados parques suman un total de 30 prazas, polo que pasarán a ser 133 co novo proxecto, triplicando as xa existentes. O Goberno de Inés Rey cumpre así co seu obxectivo de mellorar as condicións de accesibilidade dos espazos infantís, facendo unha cidade máis inclusiva para todos e todas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión