Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de marzo de 2021

O Concello convida a cidadanía a sumarse ao reto “30 días en bici”

O concelleiro de Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, saúda esta iniciativa que aposta por un modelo de mobilidade que faga da cidade un espazo máis amable, máis saudable e máis sustentable. A Asociación Mobi-liza dará a coñecer esta iniciativa mañá nun posto informativo na rúa San Andrés.

A Concellería de Mobilidade anima a veciñanza a sumarse á campaña #30DíasEnBici durante o mes de abril, para así adquirir o hábito nos seus desprazamentos diarios. Para dar a coñecer esta campaña, a Asociación Mobi-liza desenvolverá actividades vinculadas á bicicleta mañá nun posto informativo na rúa San Andrés de 17.00 a 20.00 horas.

O edil Juan Díaz Villoslada entende esta iniciativa como unha oportunidade para seguir "concienciando sobre novas formas de mobilidade máis activas, máis saudables e que contribúan a unha mellora do espazo público e ao desprazamento polas cidades". A alcaldesa, Inés Rey, convidou a veciñanza da Coruña a cumprir o reto #30DíasEnBici, "unha iniciativa que aposta por un modelo de mobilidade máis amable e saudable".

A iniciativa, xurdida en Xixón en 2013, ten por obxectivo promover o uso diario da bicicleta durante cada mes de abril e así adquirir o hábito para os seus desprazamentos diarios. Ademais este ano preténdese unha maior implicación por parte daquelas persoas que xa usan a bicicleta a diario. Así, baixo o obxectivo de acadar #ElDobleDeBicis, cada persoa que se despraza habitualmente en bicicleta e asina o compromiso, procurará animar a unha persoa coñecida a empregar a bici a diario. Polo simple feito de asinar o compromiso, entrarase no sorteo de dúas bicicletas pregables da marca Capri e serán obsequiados cun adhesivo e unha matrícula para personalizar a bicicleta, cunha revisión gratuíta no taller social Reciclos e cun itinerario seguro mapeado entre os dous puntos que a persoa desexe.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión