Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

13 de marzo de 2022

O Concello convida á cidadanía a sumarse ao reto #30DíasEnBici, fomentando a mobilidade sostible e os hábitos saudables

A iniciativa, que inclúe un sorteo e múltiples obsequios por participar, busca incentivar o uso da bicicleta nos desprazamentos urbanos

O Concello da Coruña anima á cidadanía a participar na iniciativa #30DíasEnBici, que chega este ano á súa novena edición e na que A Coruña é, unha vez máis, unha das cen cidades do país adheridas ao programa.

O reto #30DíasEnBici, que naceu como unha iniciativa cidadá para promover o uso cotián da bicicleta nas áreas urbanas, aposta por un modelo de mobilidade que faga das cidades espazos máis amables, saudables e sostibles. A proposta é, en esencia, usar a bicicleta cada día durante o mes de abril, fomentando o hábito de empregar este medio de transporte nos desprazamentos por motivos funcionais. O impulso aos medios de transporte alternativos ao vehículo privado forma parte das políticas postas en  marcha neste mandato pola alcaldesa, Inés Rey. O executivo local destina este ano 1,5 millóns de euros á melloras no carril bici para facelo máis útil e seguro. 

Para sumarse ao reto #30DíasEnBici só é preciso asinar un compromiso, habilitado en liña desde o pasado día 1 de marzo e ata o vindeiro día 31. "É unha boa ocasión para concienciar sobre a importancia da mobilidade activa e o coidado do medio. Traballamos para mellorar os espazos públicos das cidades co foco posto na saúde da xente, e mudar os nosos hábitos diarios de desprazamento é fundamental", sinalou a alcaldesa, Inés Rey.

A Coruña, entre as cidades con máis participantes na edición do ano pasado

No ano 2021, a cidade da Coruña foi a cuarta de todo o país con máis participantes no reto #30DíasEnBici, e acadou máis sinaturas de compromiso que grandes urbes como Barcelona, Valencia e Zaragoza. O desafío desta edición será, pois, incrementar o éxito do ano pasado para situar o municipio como un referente na visibilización do uso da bicicleta, implicando a cidadanía no uso do carril-bici, trazado que será ampliado nos vindeiros meses en puntos como a avenida de Arteixo, a contorna de Elviña, pola fonte de Paxariñas, e o barrio de Catro Camiños, na travesía de Fernández Latorre.

Un sorteo con dúas bicicletas de paseo Capri como obsequio

As persoas participantes que asinen o compromiso entrarán, directamente, no sorteo de dúas bicicletas de paseo da marca Capri. Por outra banda, a Asociación Mobi-liza, promotora da iniciativa #30DíasEnBici a nivel local, outorgaralles unha serie de obsequios ás persoas asinantes que residan na área metropolitana da Coruña.

  • Un itinerario mapeado ao centro de traballo, de estudos ou ao lugar que se desexe: cos puntos de partida e destino. A asociación encárgase de buscar a alternativa máis segura e tranquila para ir en bici.

  • Unha revisión da bicicleta no taller social Reciclos, cunha posta a punto.

  • Un adhesivo 'Un coche menos' e unha matrícula elaborada con materiais reutilizados co lema 'No-oil' para personalizar a bicicleta.

Para poder solicitar estes tres obsequios, pode contactarse coa asociación a través do correo electrónico amobiliza@gmail.com ou asistindo os martes ao taller social Reciclos (rúa Víctor Fernández, s/n), en horario de 17.30 a 21.00 horas.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión