Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de maio de 2021

O Concello convoca máis de 6.300 prazas para os campamentos deste verán

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, destacou na presentación as diferentes temáticas que inclúe a oferta deste ano, con opcións desde o 28 de xuño ao 10 de setembro para que a cativada de entre 3 e 17 anos practique deporte, mellore o coñecemento de idiomas ou se adentre na ciencia e na divulgación Como novidade, o Concello agrupou todos os campamentos nunha única campaña en www.coruna.gal/campamentos2021 para que todos os trámites de información e rexistro lles resulten máis cómodos e áxiles ás familias demandantes

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, presentou esta mañá a oferta municipal de campamentos para este verán acompañada dos edís Diana Cabanas, Mónica Martínez e Jesús Celemín, e coa que o goberno de Inés Rey busca a conciliación das familias ao mesmo tempo que as nenas e nenos de entre 3 e 17 anos se divirtan e aprendan xogando. Serán máis de 6.300 prazas repartidas en opcións que responden a temáticas variadas, en que as persoas participantes poderán practicar os seus deportes favoritos, mellorar idiomas ou reforzar o que asimilaron durante o curso. Tamén haberá un apartado para as pequenas e pequenos que queiran adentrarse na ciencia e a divulgación e todos serán accesibles para nenas e nenos con diversidade funcional.

Este ano o Concello quixo agrupar a totalidade de campamentos nunha única campaña para que todos os trámites de información e rexistro lles resulten máis cómodos e áxiles ás familias demandantes. Deste xeito, as actividades aínda que pertencen a distintas concellerías -Benestar Social, Educación, Cultura, Deportes e Comercio- aparecen concentradas nunha soa oferta en www.coruna.gal/campamentos2021.

Os días 24, 25 e 26 abrirase o prazo de preinscrición, que se realizará de forma telemática a través da web anteriormente citada. Para a obtención dunha praza terán preferencia as e os menores empadroadas/os no Concello da Coruña e aquelas/es cuxos proxenitores estean traballando ou teletraballando, no caso das familias monoparentais. A listaxe resultante publicarase o 31 de maio e deixarase un período entre o 1 e o 3 de xuño para posibles reclamacións. O 4 de xuño sortearanse as prazas e a rapazada admitida darase a coñecer o 10 de xuño nas webs municipais. Do 11 ao 15 de xuño, as persoas interesadas poderán formalizar a presenza das cativas e cativos que foron aceptadas/os.

Campamentos Urbanos en Centros Cívicos (Concellería de Benestar Social)

Destinatarios: menores nados entre o 01/01/2009 e o 31/12/2017

Datas: do 1 de xullo ao 10 de setembro en 5 quendas de 15 días

Horario: de luns a venres en horario de mañá

Prezo: Entre 26 e 32 euros

1.350 prazas

Campamentos de día (Concellería de Benestar Social)

Destinatarios: menores nados entre o 01/01/2009 e o 31/12/2017

Datas: do 1 de xullo ao 31 de agosto en 4 quendas de 15 días

Horario: de luns a venres en horario de mañá e tarde

Prezo: 85 euros

416 prazas

Campamentos tradicionais de pernoita (Concellería de Benestar Social)

Destinatarios: menores nados entre o 01/01/2005 e o 31/12/2013

Datas: 4 quendas de 7 días durante xullo e agosto

Prezo: 85 euros

180 prazas

Campamentos de mocidade (Concellería de Benestar Social)

Destinatarios: menores de 12 a 17 anos

Datas: do 5 ao 30 de xullo en 2 quendas de 10 días

Horario: de luns a venres en horario de mañá

Prezo: gratuíto

100 prazas

Campacoles (Federación Provincial de ANPAS e Concellería de Educación)

Destinatarios: alumnado matriculado nalgún curso de EI ou EP en centros públicos da cidade

Datas: do 28 de xuño ao 30 de xullo en 5 quendas de 5 días

Horario: de luns a venres en horario de mañá

Prezo: entre 15  e 53 euros. Gratuítos para menores beneficiarios da bolsa comedor

2.250 prazas

Summer Talk (Federación Provincial de ANPAS e Concellería de Educación)

Destinatarios: alumnado matriculado en 6º  EP ou nalgún curso da ESO

Datas: do 05 ao 30 de xullo en 4 quendas de 5 días

Horario: de luns a venres en horario de mañá

Prezo: 15 euros

240 prazas

Campamentos Fórum e Ágora (Concellería de Cultura)

Destinatarios: menores nados entre o 01/01/2009 e o 31/12/2017

Datas: do 28 de xuño ao 03 de setembro en 5 quendas de 15 días

Horario: de luns a venres en horario de mañá ou tarde

Prezo: entre 35 e 45 euros

900 prazas

Campamentos deportivos (Concellería de Deportes)

Destinatarios: menores de 6 a 13 anos

Datas: do 28 de xuño ao 03 de setembro en 5 quendas de 15 días

Horario: de luns a venres en horario de mañá

Prezo: 25 euros

720 prazas

Campamentos  mc2 e  mc2+ (Concellería de Cultura)

Destinatarios: menores de 12 a 17 anos

Datas: do 28 de xuño ao 30 de xullo en 5 quendas de 5 días

Horario: de luns a venres en horario de mañá

Prezo: 29,09 euros

90 prazas

Escola de Verán da  OMIC (Concellería de Comercio)

Destinatarios: menores de 4 a 10 anos

Datas: do 01 ao 30 de xullo en 2 quendas de 15 días

Horario: de luns a venres en horario de mañá

Prezo: gratuíto

60 prazas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión