Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de outubro de 2020

O Concello convoca o concurso para o Calendario municipal 2021

O prazo de presentación das fotografías abrirase o 6 de outubro de 2020 e rematará o 5 de novembro de 2020. As persoas gañadoras recibirán como premio un libro de fotografía e un acceso gratuíto aos museos municipais da Coruña para dúas persoas durante un ano

O Concello da Coruña abrirá mañá, 6 de outubro, o prazo de presentación de propostas para participar no concurso fotográfico Calendario Municipal 2021, que servirá para seleccionar as 12 fotografías actuais que forman parte do almanaque que edita cada ano -que se completa con 12 imaxes antigas- e, en caso de así o decidir o  xurado, elixir tamén a foto da primeira páxina deste.

O concurso é de participación aberta. As fotografías teñen que se realizar no termo municipal da Coruña e nelas deberase destacar o patrimonio cultural, histórico, natural e paisaxístico da cidade. O xurado terá en conta a representatividade do patrimonio cultural da fotografía, a súa calidade técnica e a orixinalidade.

Así mesmo, as persoas que quixeren participar poderán facelo con até un máximo de tres fotografías en cor, cuxo formato será un arquivo dixital en formato JPG cun mínimo de 3 megapíxeles e sen levar ningunha marca identificativa da súa autoría. Ademais, as fotografías terán que ser horizontais e en cor.

Os traballos deberanse enviar ao enderezo electrónico concursofotografico@coruna.es, como arquivo adxunto. Se o envío tiver máis dunha fotografía, deberá ser un arquivo Zip -ou remitilo a través da plataforma We Transfer- e indicar no asunto do correo a lenda 'Concurso calendario municipal 2021'. O prazo de recepción de imaxes estará aberto desde mañá, martes, até o xoves 5 de novembro. O xurado, que estará composto por 7 persoas, entre as que se incluirán integrantes do Colectivo Fotoxornalistas Coruñeses e concelleiras e concelleiros da Corporación municipal, resolverá os premios antes do día 12 de novembro de 2020.

As persoas gañadoras recibirán como premio un libro de fotografía e un ano de acceso gratuíto aos museos municipais da Coruña para dúas persoas. Serán informadas do veredicto por correo electrónico.

Documentos:

BASES CONCURSO FOTOGRÁFICO "CALENDARIO MUNICIPAL 2021" (214 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión