Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de maio de 2022

O Concello culmina todos os procesos urbanísticos relacionados coa futura estación intermodal

O pleno aproba a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal que permitirá a reurbanización da contorna da futura estación e a súa conexión coa avenida de Arteixo

O Concello da Coruña aprobou este xoves no pleno ordinario do mes de maio a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal que permitirá concluír todos os procesos urbanísticos relacionados coa futura estación intermodal da cidade. A falta da aprobación definitiva polo organismo competente da Xunta de Galicia, esta modificación permitirá proceder á reurbanización da contorna da estación, que terá influencia na Sardiñeira, Os Mallos e Elviña.

"O proxecto da Intermodal non é para o Goberno de Inés Rey un proxecto máis, non é só unha estación, é un xeito de facer cidade e de dotar de centralidade e investimento aos barrios dos Mallos e Elviña", sinalou Francisco Díaz Gallego, concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, durante a súa intervención. Esta modificación do PXOM materializarase en melloras nas dotacións que afectan a estes barrios, melloras para as súas rúas, novas zonas verdes e a interconexión a través da estación da avenida da Sardiñeira e do Ferrocarril, inexistente a día de hoxe.

Paralelamente á aprobación desta modificación, o Concello traballa nos proxectos de reurbanización da Sardiñeira e da avenida do Ferrocarril, así como nesa nova vía que comunicará a estación coa avenida de Arteixo. "Desde xuño de 2019 a alcaldesa Inés Rey apostou polo proxecto da intermodal como un proxecto fundamental para o desenvolvemento da cidade", apuntou Díaz Gallego. O Concello aprobou todos os trámites e convenios requiridos polas diferentes administracións implicadas durante o presente mandato, culminando con esta aprobación definitiva da modificación puntual do PXOM.

O expediente, que foi aprobado cos votos positivos dos grupos do PSOE e PP e a abstención do resto de concelleiros e concelleiras, iniciou a súa tramitación no mes de decembro do 2019, cando a Xunta de Goberno Local aprobara os documentos de avaliación estratéxica e o borrador. A aprobación inicial produciuse no pleno do 8 de abril de 2021.

 O documento que se aprobou hoxe reduce os usos terciarios de carácter lucrativo de 45.000 a 5.100 metros cadrados. "Estase a crear unha nova dotación pública que supón un investimento de 90 millóns de euros coa que non só melloraremos a mobilidade da cidade e a súa área metropolitana, senón que revitalizaremos e impulsaremos os barrios dos Mallos e Elviña, convertendo a zona nunha contorna máis atractiva, renovada e reactivada economicamente·", sinalou Díaz Gallego.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión