8 de outubro de 2026
Os establecementos poderán inscribirse desde hoxe ata o 21 de outubro, e o evento se celebrará do 20 ao 29 de novembro
Do 20 ao 29 de novembro celebrarase na Coruña a XXII edición do Concurso de Tapas Picadillo. Na súa aposta pola gastronomía, o produto local, o turismo e o lecer a través da cultura do tapeo, o Concello organiza unha nova edición do certame gastronómico máis antigo de Galicia, referente na promoción da cidade como destino de experiencias gastronómicas de cociña tradicional, con produtos de proximidade e tempada e tamén na vangarda en innovación culinaria. O Goberno de Inés Rey apoia eventos como este como parte das políticas de promoción gastronómica local e para poñer en valor ao produto e os profesionais da Coruña.
"O concruso de Tapas Picadillo é unha iniciativa fundamental para dinamizar e celebrar a gran oferta gastronómica desta cidade, que debe ser protexida e reivindicada, algo que temos moi claro desde o Goberno municipal", subliñou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.
Os establecementos interesados en participar poderán inscribirse desde o 8 ata o 21 de outubro. A participación será gratuíta e deberá formalizarse a través do formulario dispoñible na web oficial (https://tapaspicadillo.es). Todos os establecementos participantes recibirán a cartelaría do concurso para a súa localización no local, os dípticos con todos os establecementos participantes e as rutas de tapeo, así como os códigos QR para a votación popular.
Como en anteriores edicións, o concurso inclúe dúas categorías principais: Tapa Recetario Picadillo (baseada en receitas tradicionais galegas recollidas no libro La cocina práctica, do histórico gastrónomo coruñés Picadillo) e a Tapa Creativa, ideada para propostas innovadoras desde o punto de vista técnico e culinario. As tapas deberán elaborarse artesanalmente, priorizando o produto km 0, e o seu prezo oscilará entre os 3 e os 6 euros.
O certame outorgará tres premios principais: nas categorías de Mellor Tapa Creativa, Mellor Tapa Receitario Picadillo e Mellor Tapa por Votación Popular. Os dous primeiros dotados con 1.000 euros e diploma acreditativo e o terceiro dotado con 500 euros e un diploma acreditativo.
Como novidade este ano, e co obxectivo de seguir apostando pola formación dos profesionais locais, os premiados nas dúas categorías principais (Mellor Tapa Creativa e Mellor Tapa Receitario Picadillo) serán galardoados, ademais, cun Curso de Cociña Innovadora no Basque Culinary Center (San Sebastián, Guipúscoa), centro de referencia no mundo da formación, investigación e innovación gastronómica, valorado en 1.000 euros. De novo haberá premios para o público que vote para elixir a tapa máis popular, que se anunciarán na web do concurso.

7 de novembro de 2026

7 de novembro de 2026

6 de novembro de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible