Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

21 de mayo de 2022

O Concello dá comezo ás melloras na rede de saneamento no barrio da Zapateira, coa rúa Amberes como punto de inicio

Con esta intervención, que se estenderá a continuación as rúas Marsella, Salzburgo e Roma, búscase mellorar a eficiencia no tratamento de augas na contorna e facilitar a recollida de augas residuais domésticas

O Concello da Coruña, a través do servizo de Infraestruturas, comezou esta semana os traballos de mellora na rede de saneamento no barrio da Zapateira, unha intervención que abrangue cinco rúas (Amberes, Marsella, Salzburgo, Roma e Torino) e está sufragada con cargo ao Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación da Coruña e tamén con fondos municipais.

As obras comezaron esta semana na rúa Amberes, onde se renovará a rede de saneamento separativa e, en paralelo aos avances nos traballos, a reposición do firme. O obxectivo é facilitar a recollida de augas residuais domésticas, mellorar a eficiencia do tratamento de augas da zona e, por outra banda, búscase dirixir de maneira adecuada o volume de augas pluviais que, ata agora, discorrían pola plataforma de vía en forma de corrente superficial.

A previsión do servizo municipal de Infraestruturas é que os traballos na rúa Amberes duren dous meses, ata mediados de xullo. A continuación, despois da rúa Amberes, o Concello actuará na conexión da rúa Marsella ata a vía F, así como nas rúas Salzburgo e Roma -de forma conxunta-, coa previsión de que as obras estean finalizadas en tres meses.

O investimento para completar as melloras na rede de saneamento das rúas Amberes, Marsella, Salzburgo e Roma é de 617.583 euros. O orzamento total destinado a este plan de renovación para a recollida de augas no barrio da Zapateira, de 729.583 euros, complétase con 112.000 euros para a próxima intervención na rúa Torino.

O compromiso do Goberno municipal coas melloras en saneamento na Zapateira

Estas catro obras darán continuidade aos traballos xa acometidos polo Goberno municipal de Inés Rey en outras cinco rúas do barrio da Zapateira entre os anos 2020 e 2021, cando a Concellería de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade executou intervencións similares nas rúas Dublín, Atenas, Burdeos, Venecia e Helsinki, cun investimento de 650.000 euros. Así, o barrio da Zapateira recibiu no actual mandato o maior investimento en saneamento en décadas.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión