Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

25 de noviembre de 2022

Inés Rey: “O Goberno municipal leva mobilizados 30 millóns de euros en axudas estatais e europeas para mellorar os barrios da cidade”

O Concello da Coruña acada outros 6 millóns de euros de fondos europeos, que destinará á rehabilitación de vivendas nos barrios da cidade

As axudas, que forman parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, permitirán actuar en catro zonas: Barrio das Flores, Cidade Vella - Pescaría, grupo de vivendas María Pita - Labañou e O Ventorrillo - Casas de Franco

O Concello da Coruña recibiu a confirmación da asignación de 6 millóns de euros para investir na rehabilitación de vivendas en diferentes barrios da cidade. Estas axudas forman parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España e están financiadas a través dos fondos europeos Next Generation.

Estas achegas se empregarán en catro Entornos Residenciais de Rehabilitación Programada (ERRP) da cidade. Trátase do Barrio das Flores, Cidade Vella e Pescaría, grupo de vivendas María Pita - Labañou e O Ventorrillo - Casas de Franco. O Goberno de Inés Rey dará prioridade ás actuacións no Barrio das Flores para incentivar a recuperación dun barrio que ata o de agora non foi obxecto de investimentos semellantes aos que se levaron a cabo noutras áreas da cidade. "Estamos acomentendo importantes investimentos, que se reparten nos distintos barrios da cidade para mellorar a calidade de vida da cidadanía. Isto é grazas á xestión que levamos a cabo dos fondos desde o Goberno municipal", apuntou Rey.

Concretouno así a propia rexedora e a ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (MITMA), Raquel Sánchez, durante o encontro que mantiveron o pasado 17 de outubro, no que o Concello presentou formalmente a súa inclusión no programa de axuda ás actuación de rehabilitación a nivel de barrio. O plan abrangue unha ambiciosa mellora do parque de vivendas no Barrio das Flores, así como da súa eficiencia enerxética.

Nesta fase, o principal obxectivo é a execución do plan de mellora da accesibilidade no itinerario peonil entre a praza dos Freixos e a rúa dos Castiñeiros, no sector norte do barrio. Ademais, o Concello prevé tamén unha ampliación das instalacións da Oficina Municipal de Rehabilitación para facilitar os trámites aos cidadáns que alí soliciten as axudas.

Nos casos particulares da Cidade Vella - Pescaría, o grupo de vivendas María Pita - Labañou e as Casas de Franco, o Goberno municipal busca darlle continuidade ao plan de intervencións xa executadas, ou previstas, nestes tres ámbitos.

No ámbito da Cidade Vella - Pescaría, inclúese o plan de remodelación da rúa Panadeiras, un proxecto valorado en case un millón e medio de euros que propón a mellora das condicións de circulación peonil e a adecuación das condicións alusivas ao tráfico rodado na contorna.

No caso do grupo de vivendas María Pita - Labañou, o Goberno de Inés Rey acometerá un amplo plan de melloras na zona máis transitada dentro da urbanización, unha área delimitada pola avenida de Labañou, a rolda de Outeiro e a rúa Tomás Fábregas. Agora, coa obtención destes fondos, o Goberno municipal prevé múltiples melloras en accesibilidade e a renovación integral do firme.

Por outra banda, nas Casas de Franco - Ventorrillo prevese a remodelación das rúas interiores do ámbito para acometer melloras de accesibilidade aos portais dos edificios residenciais e a reurbanización da contorna para a disposición de espazos máis humanizados, para o uso da cidadanía. 

Next Generation

O Goberno de Inés Rey suma, con esta nova liña de axudas, unhas achegas de máis de 17 millóns de euros dos fondos europeos Next Generation. Ademais, o Concello solicitou outros 12 millóns nunha nova convocatoria para levar a cabo proxectos baseados na accesibilidade e a mobilidade na cidade. De acadalos, o Goberno municipal contaría con 29 millóns de euros para a mellora integral da cidade e os seus barrios a través deste programa. 

Ademais, o executivo local tamén percibiu 12,6 millóns de euros do IDAE para a renovación integral da iluminación da cidade. "O Goberno municipal leva no que vai de mandato mobilizados 30 millóns de euros en axudas estatais e europeas, que servirán para mellorar de maneira íntegra os diferentes barrios", apuntou Inés Rey.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión