Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de abril de 2022

O Concello da Coruña acolle a décimo quinta edición da Feira Matemática despois da pausa derivada da pandemia

A actividade desenvolverase durante todo o sábado 30 de abril no PALEXCO e estará aberta a toda a cidadanía que queira participar

A Asociación Galega do Profesorado de Matemáticas (AGAPEMA) celebrará este ano, de novo, a súa Feira matemática, despois de dous anos de suspensión pola pandemia. Na súa XV edición, a Feira Matemática retoma a súa actividade con numerosos centros educativos e entidades oficiais grazas á colaboración do Concello da Coruña, que mantén con AGAPEMA un convenio para a promoción e difusión das matemáticas no eido escolar.

A organización da XV Feira Matemática ten como orixe a conmemoración do Día escolar das matemáticas (12 de maio), unha data celebrada en España dende o ano 2000 e que promove o coñecemento e traballo da disciplina no eido escolar. Deste xeito, a Feira Matemática procura ser un espazo onde os máis pequenos gocen da aprendizaxe matemática dun xeito lúdico, compartindo actividades e xogos coa disciplina como eixe principal. Para iso, cada centro disporá dun stand no que propón diferentes actividades que deben resolver os e as asistentes. Unha vez feito, os encargados do posto darán uns "agapemos" -moedas de cambio da Feira-,que poderán trocarse ao final da feira por algún dos agasallos ofertados polas entidades colaboradoras. Á actividade sumáronse un total de 18 entidades e centros escolares, que estarán de forma presencial no PALEXCO cos seus postos.

Ademais das actividades dos postos escolares, a Feira Matemática contará con tres concursos para os asistentes: Fotografía Matemática, Matmonólogos e Esopías. Estas actividades teñen como obxectivo mostrar que as matemáticas non son algo estanco e pechado, senón que son un tema transversal que chega a diferentes disciplinas. Están previstas, ademais, algunhas actividades e xogos, como a busca do tesouro, obradoiros de papiroflexia ou maxia matemática. As actividades desenvolveranse durante todo o día, desde as 10.30 ata as 20.00 h, e están abertas a todas aquelas persoas que desexen asistir -aínda que orientadas ao público familiar pola súa perspectiva lúdica e escolar-. Máis información en https://www.agapema.org/feiramatematica.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión