Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

23 de septiembre de 2022

O Concello da Coruña amplía as instalacións do comedor escolar no CEIP Raquel Camacho, no barrio do Ventorrillo

Os traballos de acondicionamento remataron o pasado mes de agosto, durante a tempada estival, e coa antelación precisa con vistas ao comezo do curso académico

O concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín, acudiu esta mañá as instalacións do CEIP Raquel Camacho, no barrio do Ventorrillo, e onde o Concello acometeu, durante a tempada estival, obras para a adecuación e ampliación do comedor escolar, unha intervención solicitada ao Goberno municipal pola directiva do colexio.

Os traballos, que remataron a finais do mes de agosto e coa antelación necesaria con vistas ao comezo do curso escolar, consistiron na demolición de tabiques, obras de fontanaría, reconstrución de mochetas, o traslado e recolocación de mobiliario e tamén a instalación dunha nova porta de acceso ao comedor.

Neste sentido, Jesús Celemín subliñou que "o Goberno municipal ten o firme compromiso de escoitar á comunidade educativa da cidade e atender as súas demandas en materia de infraestruturas e proxectos formativos, co obxectivo de estar a carón do alumnado, así como das súas familias e tamén do profesorado".

No que vai de ano, o Goberno de Inés Rey executou investimentos por 660.986,72 euros para traballos de mellora e acondicionamento entre os colexios e escolas infantís da cidade.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión