Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de decembro de 2020

O Concello da Coruña aplaude a decisión da xuíza sobre o Pazo de Meirás

O concelleiro de Educación e Memoria Histórica, Jesús Celemín, celebra esta decisión xudicial e considera “lexítimo que a Administración central sexa a depositaria de todos os elementos do Pazo de Meirás”

O Concello da Coruña aplaude a decisión que a xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña, fíxo hoxe pública en que se lle prohíbe á familia Franco levarse os bens do interior do Pazo de Meirás, que ademais deberá ser entregado ao Estado o xoves 10 de decembro. A maxistrada rexeitou todas as alegacións presentadas polos Franco e aceptou as peticións da Avogacía do Estado para lle conceder o depósito de todos os bens que hai en Meirás.

O concelleiro de Educación e Memoria Histórica, Jesús Celemín, celebra esta decisión xudicial e considera "lexítimo que a Administración central sexa a depositaria de todos os elementos do Pazo de Meirás". Celemín tamén destaca que se trataba dunha determinación "urxente" o feito de lles "prohibir aos herdeiros do dictador retirar bens de Meirás despois de facer pública a decisión de baleirar o inmoble".

Pola súa banda, a alcaldesa Inés Rey sinala que "unha vez máis faise xustiza" e lembra que o Concello da Coruña "segue loitando para que devolvan a Casa Cornide ao pobo".

Esta situación de bloqueo dos elementos do recinto que foi residencia estival de Franco manterase ata que a sentenza que devolve o pazo ao patrimonio público sexa firme.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión