Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

1 de febrero de 2023

O Concello da Coruña aproba o proxecto de reforma no antigo albergue de Padre Rubinos, en Labañou

O obxectivo é construír unhas instalacións que cumpran os requisitos fixados para establecer un Centro de Atención Continuada e dar servizo a persoas en risco de exclusión social

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou este mércores a aprobación do proxecto de reforma da planta baixa e o semisótano no antigo albergue do Instituto Benéfico Social Padre Rubinos, situado na avenida de Labañou.

Este proxecto ten a súa orixe no convenio suscrito en abril do ano 2021 entre o Concello e a Instituto Benéfico Social Padre Rubinos, acordo segundo o cal a Administración local asumiu, en forma de cesión, as instalacións do albergue -unha superficie de case 2.000 metros cadrados-, baixo o compromiso de construír unhas instalacións que cumpran os requisitos fixados para establecer un Centro de Atención Continuada, co obxectivo de dar servizo a persoas en risco de exclusión social.

O proxecto de reforma do local, que recibiu hoxe luz verde, abrangue a redistribución dos espazos actualmente dispostos na planta baixa e o semisoto. Esta intervención contará cun orzamento de 752.000 euros, e será cofinanciada a un 80 % con fondos europeos FEDER.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión