Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de novembro de 2022

A alcaldesa, Inés Rey, puxo en valor “o plan do Goberno municipal para a humanización dun espazo emblemático da cidade”

O Concello da Coruña comeza este xoves, 17 de novembro, as obras para a renovación do Paseo Marítimo no tramo entre o dique de abrigo e San Amaro

Os traballos, que terán unha duración de dez meses, implicarán o soterramento dos carrís do tranvía, a renovación do firme e a creación de novas áreas verdes e unha zona de xogos infantís

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, comeza este xoves os traballos para a reurbanización do tramo do paseo marítimo entre o dique de abrigo e o cemiterio de San Amaro, un percorrido de case quilómetro e medio de lonxitude que será renovado e mellorado co obxectivo de humanizar un espazo emblemático da cidade.

Esta intervención, integrada na Estratexia Integrada de Desenvolvemento Urbano Sostible (EIDUS) referida ás actuacións e proxectos con fondos FEDER da Unión Europea, implicará un investimento de 3,1 millóns de euros para acometer a transformación integral desta sección oriental do Paseo Marítimo e mellorar a contorna en termos urbanos e ambientais. Os traballos, que terán un prazo de execución de dez meses, foron adxudicados á empresa Petrolam Infraestructuras na Xunta de Goberno Local que tivo lugar o pasado 6 de outubro.

A alcaldesa, Inés Rey, puxo en valor "o plan do Goberno municipal para recuperar o bordo litoral e naturalizar a fachada do Paseo Marítimo", e subliñou que un dos principais obxectivos desta intervención é "gañar espazos de lecer para as coruñesas e coruñeses, dando un novo sentido ao Paseo que vaia acorde ao modelo de cidade polo que apostamos desde o comezo desde mandato, cun compromiso firme coa mobilidade sostible e a ampliación das áreas verdes".

Soterramento dos carrís do tranvía e renovación integral do firme

As obras se executarán desde mañá neste tramo de case 1.500 metros abranguen, entre outras cousas, a substitución do firme, o que supón o soterramento dos carrís do tranvía desde o viaduto que comeza á altura das Ánimas. Por outra banda, actualizarase a infraestrutura, dimensións e firme xa existentes do carril bici, bidireccional e de 2,5 metros de ancho; así como as do carril para correr, tamén bidireccional e de 2 metros de ancho. Ademais, a zona de circulación das bicicletas e as de vehículos motorizados estarán separadas coa disposición dunha ringleira de elementos vexetais. 

Neste sentido, a posta en marcha dos traballos implica, en primeira instancia, a revisión do circuíto de redes de saneamento existente na contorna, co obxectivo de renovar o material dos colectores, apostando por un diámetro exterior que reforce a seguridade da rede fronte a hipotéticas fugas.

Ampliación das áreas verdes e creación dun novo espazo de xogos infantís

A reconfiguración do tramo do Paseo Marítimo entre o Dique de Abrigo e o cemiterio de Santo Amaro inclúe a ampliación das zonas verdes xa existentes. Ademais da plantación de novos exemplares de especies como bidueiros e liquidámbar (80), levaranse a cabo melloras nas zonas axardinadas xa existentes, onde se disporá unha rede de aspersores para a súa boa conservación. Está previsto axardinar case 7.000 metros cadrados. 

As intervencións de carácter medioambiental amplíanse coa modificación da rede actual de iluminación. Neste sentido, o Concello acometerá a actualización do sistema para adecualo aos parámetros actuais de eficiencia enerxética, e dispoñerá unha nova liña de lámpadas led en substitución das existentes actualmente na medianeira e o bordo da calzada.

O plan de humanización e mellora neste tramo do paseo marítimo tamén abrangue a creación dun novo espazo de xogos infantís e un circuíto de calistenia, orientado á práctica de exercicio físico, que estarán situados fronte á enseada dos Pelamios. Ademais, neste enclave disporanse dúas zonas de estacionamento para bicicletas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión