Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

23 de noviembre de 2022

O Concello da Coruña destinará 400.000 euros para axudar ás entidades deportivas sen ánimo de lucro do termo municipal

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou hoxe a saída a licitación do contrato do servizo de mantemento e conservación para o funcionamento do elevador panorámico do monte de San Pedro

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, rendeu conta hoxe dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local que tivo lugar esta mañá. En primeiro lugar, deuse luz verde á convocatoria das subvencións para a promoción e o fomento do deporte na cidade. O Concello destinará 400.000 euros para axudar, o ano que vén, ás entidades deportivas sen ánimo de lucro do termo municipal. O adianto da convocatoria facilitará a presentación de propostas.

Por outra banda, hoxe tamén se aprobou a sinatura do convenio co Centro Social Sagrada Familia por importe de 75.000 euros, en forma de subvención. "O obxectivo é contribuír ao financiamento dos gastos de funcionamento da instalación e tamén das actividades que se levan a cabo no centro social do barrio", detallou a alcaldesa, Inés Rey.

Ademais, o Concello autorizou este mércores a saída a licitación do servizo de mantemento e conservación para o funcionamento do elevador panorámico do monte de San Pedro. Este novo contrato, que conta cun orzamento de 579.000 euros, terá unha vixencia de dous anos, prorrogables por outros tres.

Tamén hoxe, en Xunta de Goberno Local, aprobouse a adxudicación dos novos equipamentos da Sala de Control de Tráfico no contexto da futura Zona de Baixas Emisións (ZBE) na cidade. O contrato, adxudicado á empresa Aerco, está valorado en 271.000 euros.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión