Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

26 de noviembre de 2021

O Concello da Coruña e a veciñanza do Barrio das Flores abordarán de forma conxunta as futuras melloras do plan de rehabilitación integrada

Os talleres de debate, que se realizarán esta fin de semana nos locais municipais do distrito e contemplan unha ruta posterior de recoñecemento, aínda contan con prazas dispoñibles

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, realizará esta fin de semana no Barrio das Flores dous eventos asociados á elaboración do seu plan de rehabilitación integrada.

Mañá, sábado 27, de 11.00 a 13.30 da mañá, realizaranse nos locais municipais situados na rúa Azahar uns talleres de debate que lles permitirán á veciñanza e asociacións do barrio formular unhas primeiras propostas xerais de mellora para o distrito, en coherencia coas directrices xerais do plan, que se poden consultar na páxina web do Servizo municipal de Vivenda ( Vivienda )

Ademais, o domingo, ás 11.00 da mañá, levarase a cabo unha ruta de recoñecemento polo barrio, aberta a toda a cidadanía, visitando os lugares que fosen máis sinalados nos talleres da xornada anterior, para estudar sobre o propio lugar as propostas realizadas.

A participación da veciñanza do barrio no proceso de elaboración do plan é un factor decisivo para verificar os resultados da análise da súa situación actual, e para que as propostas que o plan poida contemplar sexan consensuadas e validadas, desde o seu deseño inicial, cos seus residentes.

A organización prevé realizar estes talleres do sábado coa asistencia dun máximo de 30 persoas, e aínda existen prazas para que poida participar quen non o solicitase. Para facelo, poden comunicar previamente a súa asistencia na conta de correo asflores@coruna.gal, ou asistir directamente aos locais nos que se realizarán os talleres, á hora do seu inicio. Para facilitar a asistencia, haberá servizo de canguro para atender a menores.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión