Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de xaneiro de 2022

O Concello da Coruña fomenta a aprendizaxe de técnicas de defensa persoal a través do curso de autoprotección organizado coa Asociación Galega de Bujutsu

Serán un total de cinco sesións, previstas entre os meses de xaneiro, febreiro e marzo, que se levarán a cabo no Pazo dos Deportes de Riazor

O Concello da Coruña puxo hoxe en marcha un novo curso municipal orientado á aprendizaxe de técnicas para a defensa persoal, organizado pola área de Deportes en colaboración coa Asociación Galega de Bujutsu, unha entidade sen ánimo de lucro que foi creada para a difusión e ensinanza do bujutsu-sosei, unha disciplina de artes marciais. 

O ciclo, que comprende un total de cinco sesións -a primeira delas, executada hoxe pola tarde coa participación de 22 alumnos-, prolongarase durante os meses de febreiro e marzo, co Ximnasio B do Pazo dos Deportes de Riazor como punto de encontro para os asistentes. Neste sentido, a idade mínima dos participantes é de 16 anos.

As sesións levaranse a cabo os sábados pola tarde, en horario de 17.30 a 19.30 horas, coa previsión de que os prazos de inscrición sexan abertos quince días antes de cada curso. Os interesados en optar ás prazas dispoñibles poden poñerse en contacto coa Concellaría de Deportes ou tamén coa Asociación Galega de Bujutsu, no correo electrónico galicia@bujutsusosei.com.

A capacidade máxima, en virtude das medidas e pautas sanitarias contra a Covid-19, será de 25 alumnos por sesión. Ademais, será indispensable presentar o certificado de vacinación contra a patoloxía para poder acceder ás instalacións municipais.

Defensa persoal enfocada a reforzar a autoconfianza e seguridade

A sesión celebrada este sábado no Pazo dos Deportes de Riazor, e que contou coa presenza da concelleira de Deportes, Mónica Martínez, foi impartida polos monitores Ibán Fernández e Jorge Montáns. Fernández recordou que o obxectivo das sesións "é ensinar uns coñecementos simples e eficaces ante situaciones de perigo, coa clara intención de fortalecer a autoconfianza e seguridade das e dos asistentes". "Non se basa na forza ou a condición física, senón que se trata da utilización dunhas técnicas que sexan fáciles de efectuar e recordar aquelas coas que se poidan ter uns resultados óptimos en situacións reais", agregou.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión